Ideas para durmir barato

O aluguer de apartamentos están causando un enorme revolución no sector turístico

O aluguer de apartamentos está causando unha enorme revolución no sector turístico

Quen máis e quen menos está facendo plans para as súas próximas vacacións. A que si? Ben, pois hoxe querémosvos dar unha serie de trucos para poidades durmir barato.

Intercambio de noites

Coa aplicación Nigthswapping o aloxamento sairanos gratis. Trátase dunha plataforma na que os viaxeiros poden hospedarse na casa doutros membros do portal a través dun intercambio de noites. É dicir, logo aloxaranse na nosa casa para coñecer a nosa cidade. O funcionamento é moi sinxelo. Só tes que comezar por rexistrarte. Anímaste?

Albergues cool

Generator Hostel de Barcelona ofrece habitacións compartidas e privadas

Generator Hostel de Barcelona ofrece habitacións compartidas e privadas

Os albergues están en plena época de reiventarse. Nas grandes cidades xa nos atopamos con algún que outro que nos impresionou. Por mencionar algún, imos dicir o Generator Hostel de Barcelona. Teitos altos adornados con falorillos, baldosas ornamentadas, habitacións privadas ou compartidas con balcón e ducha hidromasaxe… Ademais dunha biblioteca e dun salón con exposicións e concertos.

A estancia mínima é de dúas noites e o prezo 34,50€/noite en habitación compartida.

Aluguer de aloxamentos

Os aloxamentos para viaxeiros son tamén unha forma económica para viaxar, de aí a revolución que están vivindo. Ademais de ser un aloxamento low cost é ideal para as viaxes en grupo. Na rede atopamos varios portais que ofrecen este tipo de aloxamentos. A nosa compañeira Ana xa nos falou dalgún noutra ocasión. Pinchar aquí para ver o que opina ela desta forma de viaxar.

Hoteis de última hora

As reservas de última horas tamén poden ter premio (aínda que eu nunca tiven tanta sorte…). Algunhas páxinas prometen aforrar ata un 70% nunha reserva hotelera. A única condición, é facelo a última hora; algo moi propio da nosa cultura… Se queredes probar sorte dígovos dunha web: HotelTonight.

App Cazagangas

Existen unha infinidade de aplicacións para móviles que nos axudan a programar as nosas vacacións do xeito máis económico. En apps como Trivago ou Skyscanner, entre outras moitas, podemos buscar voos e hoteis en todo o mundo e comparando ofertas entre os distintos operadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>