HouseTrip, o portal para aluguer de apartamentos entre particulares

Apartamento Barcelona House Trip

Os aloxamentos para viaxeiros están vivindo una auténtica revolución nos últimos anos.
Cada día aparecen novas propostas que amplían as opcións no que a durmir se refire. O meu último descubrimento é HouseTrip, un portal onde reservar apartamentos para as escapadas deste verán.
En HouseTrip podes atopar case 400 aloxamentos en Galicia, uns 5.000 en España e máis de 337.000 ao redor do mundo. Así que xa podes empezar a planificar a túa viaxe…

Os portais como HouseTrip actúan como intermediarios entre particulares para o aluguer de aloxamentos, e ofrecen a súa garantía para que a transacción se efectúe da forma máis segura tanto para os inquilinos coma para os propietarios.

O seu funcionamento é moi sinxelo e podes tramitar a túa reserva como se se tratase de calquera outro tipo de aloxamento, coa diferencia de que o propietario do apartamento ten que facer a confirmación da mesma.

Sen dúbida esta é unha boa alternativa se fas viaxes en grupos de catro ou máis personas, porque os prezos que se poden conseguir son moi competitivos. Podes buscar un apartamento, unha casa ou ¿por qué non? mesmo un castelo.

Aquí van dúas opcións de aloxamento low cost para este verán:

Apartamento Low Cost Lisboa House Trip

Apartamento barato no barrio da Alfama en Lisboa, por pouco máis de 40 euros á noite.

Apartamento en Londres desde 40 € por persona e noite (grupo de 4 personas)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>