Hora e media separa a A Coruña de Lisboa

Avión no que volamos a Lisboa

Nos meses previos á viaxe a Lisboa cada vez que conversaba do tema con alguén sucedíanse as dúas mesmas preguntas: “E como vas ir?”, é á resposta “En avión” a seguinte cuestión era: “¿Pero fas escala?”. Pois non, é posible viaxar desde A Coruña ata a capital lusa en voo directo. Como? A través da aerolínea portuguesa TAP.

Planteime en Alvedro provista de dúas malas un mércores pasadas as 10 da mañá disposta a vivir catro días de aventuras na terra do fado. A mañá despexada e os cómodos asientos do aparato procuráronnos unha deliciosa viaxe que culminou cunhas magníficas vistas da capital lisboeta nos momentos próximos á aterraxe. Ademais, o meu maxín “cruzou o charco” nesa hora e media grazas a outro pasaxeiro que me contou que o seu destino non era Lisboa, senón Brasil. E é que o berce da samba é un dos moitos destinos ós que opera a TAP.

Detalle da compañía TAP

Parece que non, pero os detalles siguen contando, así que atoparse no asento cunha caixa de regalo da compañía portadora dun apetitoso tentempé non deixa de sorprender de xeito positivo nos tempos que corren. Sobre todo tendo en conta a corta duración do voo.

Mosteiro de Santa María da Victoria de Batalla

A capital lusa recibiume cun soleado día. Era cuestión de deixar a equipaxe no hotel, neste caso no Zenit Lisboa, antes de comezar o descubrimento da cidade. A elección do aloxamento foi todo un acerto. Cunha situación privilexiada, a escasos metros da boca de metro de Saldanha (conectando con outra liña chega ó aeroporto) e da afamada Praza do Marqués de Pombal (deste enclave parten todos os autobuses turísticos), así coma da Avenida da Liberdade, o personal do establecemento disponsa os hóspedes un trato amable e cercano, e a súa estructura é unha mestura dun exterior clásico con modernas e cómodas instalacións interiores.

Pobo de Batalla

Tiña catro días para empaparme do máis interesante da cidade así como para percorrer as localidades máis espectaculares dos arredores de Lisboa no coche que ía ter rentado durante 48 horas.

Rueiro de Óbidos

Arredores de Lisboa

Coas ideas moi claras dos puntos que quería visitar, o primeiro día que dispuxen de vehículo propio tirei cara o norte e cara o interior para facer parada en Batalha. Moito me recomendaran a visita deste lugar coronado polo Mosteiro de Santa María da Victoria. Abofé te quedas sin palabras cando divisas esta obra do Gótico Portugués, e da que provén a nova corrente artística do Manuelino para o país.

Vistas da localidade de Nazaré

Portugal ten as súas propias 7 maravillas e Óbidos é considerada unha delas. Andando polas súas rúas empredadas, atopámonos de frente co testemuño de civilizacións pasadas. Dos xardíns interiores da antiga Medina á presencia do Gótico, pasando polo Renacemento e o Barroco, esta villa medieval tórnase nunha obra de arte admirablemente esculpida. As igrexas de Santa María e de Santiago, as capillas de Nosa Señora do Carmen e Nosa Señora de Montserrat e o Castelo, utilizado como Pazo Real e dos Alcaldes, son algúns dos monumentos que me deparou este pobo amurallado cheo de encanto.

Igrexa de Nosa Señora de Nazaré

Chegou o momento de coller rumbo cara a costa e facer parada en Nazaré. Nun percorrido pola zona centro de Portugal nunca deixaría de visitar este pobo de pouco máis de 10.000 habitantes. Ós amantes do mar, pódennos as vistas dese mar embravecido que baña as súas costas, e que acada as mellores panorámicas desde o seu faro –datado do 1903-. Estando nel é fácil entender por que nese punto se rexistrou hai pouco tempo a onda máis grande do mundo xamais surfeada e que acadou os 30 metros. O día rematou coas instantáneas dunha maravillosa posta de sol desde a Praia de Salgados.

Castillo de Óbidos

O segundo día a motor levoume á inconmesurable villa de Sintra –Patrimonio Mundial da UNESCO- e cidade de “Palacios”, a destacar o da Pena. Cóntase que Felipe II de Portugal namorouse da montaña de Sintra e decidiu construír este pazo na zona para pasalo estío coa súa dona María II de Portugal en 1836. Nel amalgámanse distintos estilos; o Neogótico, o Neomanuelino, o Neoislámico e o Neorrenacentista, co que é considerado como o máis espectacular do enclave. Aínda que tamén hai que referirse ó Castelo dos Mouros, situado nun dos outeiros de Sintra, é o cal se pode acceder a pé, aínda que temos a opción do autobús, o mesmo que sube ó Pazo da Pena, e que sae da oficina de turismo de Sintra (ó lado da estación de tren).

Corazón de Sintra

Deixando atrás o máis difícil de acadar, a visita á villa complétase coa parada no Pazo Nacional de Sintra, situado no corazón do seu centro histórico e convertido, no século XII e tras a conquista dos reis cristianos, na residencia real dos reis portugueses ata a declaración da República; e no Pazo de Montserrat, situado nas aforas da villa no centro dun espectacular xardín botánico.

Vistas do Pazo Nacional de Sintra

Tras o xantar, o bo tempo da sobremesa invitaba a buscar a costa, e nesta ocasión dirixinme ó areal máis extenso de Europa, nada máis e nada menos que 30 kilómetros de praia, ou o que é o mesmoa, a Costa da Caparica. Un paraíso no que ademais fun testemuña do emprego da xávega, un arte de pesca artesanal de cerco extinguida no litoral español pero empregada aínda en determinadas zonas de Portugal como Aveiro, Figueira da Foz, Nazaré, a propia Costa da Caparica, Fonte da Telha, Vieira de Leiria, Esmoriz, Furadouro, Mira, Lavos y Leprosa.

Castelo da Pena de Sintra

O sistema consiste en que unha barca se adentra un kilómetro costa adentro para extender a rede en forma de círculo -como se fora unha bolsa xigante-, e o cabo dunha hora os cabos atanse a dous tractores, que separados entre sí, recollen a rede desde o seu motor auxiliar y arrástrano cara a orilla.

Pazo Nacional de Sintra

Cando as redes están moi preto da orilla, os traballadores vanas cerrando manualmente intentando empurrar o peixe cara o final das mesmas para xuntalas. Acto seguido abrenas encima dun plástico para poder clasificar a pesca.

Embarcación empregada ata hai pouco tempo na Costa da Caparica

Resulta curioso ver pasar a lugareños e visitantes coas bolsas transparentes cargadas de peixe mercado a pé de praia.

Costa da Caparica

Neste punto remata o meu percorrido de dous días polos arredores de Lisboa no que se misturou  pedra e montaña con area e auga salgada.

A próxima excursión farémola a Lisboa capital. Aquí vos espero.

2 reflexións sobre “Hora e media separa a A Coruña de Lisboa

  1. emma

    Adri!me encanta tu blog! escribes increíble y describes aún mejor. Me parece.intetesantísimo,a mi me gusta mucho también perderme por ahí así que me viene genial :) Lisboa me pareció increíble,sitio para vivir!pero la verdad que me centré en la capital. Pero como tengo pensado volver,pues me.apunto todo esto para la próxima.

    Responder
    1. Adriana

      Moitas gracias polas túas palabras Emma, abofé que animan a seguir escribindo ;)) Efectivamente, Lisboa é un sitio desexable para vivir, pero os arredores non están nada mal tampouco. Cada un dos lugares que describo neste post teñen o seu propio encanto, así que a disfrutar. Ahh, e non te olvides de contarnos como che foi a experiencia. Pásao deluxe! Unha aperta.

      Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>