10 cousas que facer gratis en Barcelona

Barcelona Raval hotelCada vez que a unha persoa de máis de 60 anos lle digo que estou vivindo en Barcelona, non é raro que me contesten con algo tipo Barcelona és bona si la bossa sona. Como este dito popular o vou ter que aguantar unha e outra vez mentras siga por aquí, pensei escribir este artigo para demostrar que a segunda parte do mesmo tamén é certa tant si sona com si no sona, Barcelona és bona.

1. Festas Maiores

Barcelona é unha cidade que ten moito carácter de barrio e moitos barrios con carácteres ben diferenciados. Esto pódese sentir dando un paseo pola cidade, pero especialmente cando chega a tempada das festas maiores. As rúas adórnanse tematicamente con deseños moi profesionais, hai música en cada plaza e comida por todas partes. Todas as semanas a partir de xuño podes coincidir con algunha, sendo as máis famosas as do barrio de Gracia, Poble Sec, Sants ou as festas da Merçé que é a patroa de toda a cidade.

gracia

2. Cine á fresca

Nas noites de verán as pantallas xigantes toman as praias e as prazas dos barrios. Moitas das proxeccións son en espazos gratuítos, pero tamén hai algunhas proxeccións de pago como as que se fan no foso do Castelo de Monjuïc. Este último vai para a miña lista de imperdibles deste verán.

Cine ao aire libre en Monjuic

3. Visitas guiadas aos cemiterios monumentais da cidade

Cada domingo hai rutas guiadas gratuítas nun dos cemiterios monumentais da cidade: ou no Cemiterio de Poblenou e no Cemiterio de Monjuïc. Outro punto que eu aínda non cumprín pero que penso facer un dos vindeiros fins de semana.

Cementerio Poblenou

4. A Barcelona literaria

Hai moitos tours de pago que te levan polas localizacions de películas e libros ambientados en Barcelona, pero tamén podes facer esta ruta ti mesmo preparándoas un pouco coa axuda de internet. Por exemplo a ruta de La sombra del viento ou a de La catedral del mar.

5. Labirinto de Horta

Podes perderte no tempo e quedarte atrapado no parque máis romántico de Barcelona sen ter que pagar por elo, xa que é gratis os mércores e os domingos. Unha zona verde separada en diferentes niveis e terrazas, na que a auga ten un gran protagonismo (hai moitas canles, estanques e fontes), pero na que o máis salientable é sen dúbida o labirinto. Na miña visita estaba un pouco destruído e había uns grandes furados polos que se podían ver os corredores, pero aínda así foron unhas risas perdernos unha e outra vez ata dar ca saída. Estaba moito máis lucido cando se rodou unha parte da película El perfume.

El perfume

6. Espectáculos gratuítos

Cada fin de semana hai actividades na rúa nas que se pode participar de forma gratuíta. Camiñando tan tranquila podes atoparte de frente cos demonis dun correfoc, cos xigantes ou cos dragóns que poblan as tradicións catalanas. Na zona da Catedral e a Plaça Sant Jaume podes ver actuacións de sardanas ou cun pouco de sorte incluso castellers. Pero tamén hai outros espectáculos gratuítos con menos tradición como a Font Mágica de Monjuïc ou as acrobacias, quedadas para bailar, demostracións de skates e outras actividades que hai os domingos no Parc de la Ciutadella.

7. Pasea e deixa pasar o tempo “callejeando”

Pola Villa Olímpica, polo Paseo de Gracia, pola calle Enrique Granados, polo Born, polo Raval… simplemente deixa que os pasos te leven sen un rumbo fixo e seguro que te atopas cun montón de tendas bonitas, sitios que sumar á lista de restaurantes a probar, galerías de arte, etc… Barcelona está chea de vida a pé de rúa.

8. Aproveitar os días de portas abertas

Os museos e edificios simbólicos de Barcelona abren as súas portas gratis durante varios días do ano e incluso programan concertos ou actividades especiais. O primeiro domingo de cada mes a entrada é libre no MNAC ou no Museo Picasso, e hai moitos outros sitios nos que os domingos pola tarde en xeral se deixa de cobrar entrada. Iso sí, prepárate para facer colas eternas…

9. Vivir Barcelona a través dos seus mercados

A vida é fenomenal cando podes ir ao mercado. Pero non te conformes co famoso e turístico Mercado de La Boquería, tamén podes explorar mercados máis de barrio pero coas típicas paradas co mellorciño da gastronomía nacional. Por proximidade á miña casa pódovos recomendar os arredores e e os mercados de Santa Catarina e de La Concepción (no que hay unha floristería aberta as 24 horas por se te pilla un ataque de amor a horas intempestivas e necesitas ter un detalle).

Mercado Santa Caterina

10. As panorámicas da cidade

O meu maior descubrimento desde que cheguei a vivir aquí foron as vistas desde os bunkers del Carmel. Son os restos dunha batería antiaérea que tiña por obxectivo protexer a cidade de Barcelona durante a Guerra Civil. O seu enclave no alto da montaña fai que toda a cidade quede aos teus pés.
Outras vistas da cidade tamén son as do Centro Comercial Las Arenas, as que se poden desfrutar desde o Castelo de Monjuïc, a terraza 360º do Hotel Barceló Raval ou o Tibidabo.

Se tes pensado visitar a cidade de Barcelona non deixes de ver a web Barcelona For Free ou TimeOut, porque teñen unha axenda moi completa de actividades gratuitas. Eso sí, prepárate para deixarte nas cañas e nas tapas todo o que te aforres con estes consellos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>