Génova, a cidade vertical

Biosfera

Na Biosfera viven especies animais e vexetais amezadas pola explotación do home

Durante máis de seis séculos Génova foi unha das grandes potencias do Mediterráneo, sen embargo agora semella sumida nunha profunda decadencia. Destaca o seu porto, que dende os anos noventa foi renovado e na actualidade converteuse en centro turístico grazas ao Museo del Mare, a Biosfera e o acuario -o segundo máis grande de Europa-. Tamén no porto, atópase o Faro Lanterna, símbolo dun dos maiores pobos navegantes que sempre se identificou co mar e o comercio.

O encanto de Génova reside no aspecto descoidado das súas rúas e edificios, nos vicoli -pequenas calellas que conforman a cidade- e na verticalidade da súa distribución. Precisamente por isto, varios funiculares e ascensores municipais lévannos dun barrio a outro para salvar o desnivel da pronunciada pendente entre o centro da cidade e os barrios máis altos. O metro só conta cunha liña e a maioría de habitantes móvense en moto e coches pequenos.

Génova

Vistas de Génova dende o ascensor de Castelletto

A decadencia dos seus edificios contrasta co aspecto que presenta a que no seu día foi a Strada Nuova e hoxe ten varios nomes: Balbi, Cairoli e Garibaldi. Esta última foi inscrita na listaxe de Patrimonio Mundial polos pazos renacentistas e barrocos que se erguen ás súas beiras. Ao longo dun quilómetro sucédense decenas de espléndidos pazos meticulosamente restaurados, entre eles o Palazzo Rosso, o Palazzo Grimaldi e o Palazzo Reale. Tamén se atopan nesta rúa o Musei di Strada Nuova e o Palazzo Principe.

Piazza Ferrari

Na céntrica Piazza Ferrari atópanse a Ópera e o Palazzo Ducal

Na Piazza de Ferrari encóntranse a Ópera e o Palazzo Ducal, mentres que na cercana Piazza Dante está a casa na que din que naceu Cristóbal Colón. Tamén se poder ver en Génova o que foi o primeiro banco de Italia, o fermoso Palazzo San Giorgio.

A comercial Via XX Setembre é unha das rúas máis relevantes da cidade. Dedicada a tendas, oficinas e elegantes bares, conta con longos pórticos a ambas beiras. Outro dos atractivos turísticos da cidade é a Catedral de San Lorenzo, de mármore branco e negro, que contén un rico conxunto artístico.

Porto Antico

O Bigo é o ascensor panóramico situado no Porto Antico proxectado por Renzo Piano

A gastronomía xenovesa inclúe moitos pratos típicos pero eu devezo especialmente pola focaccia, unha especie de pan plano aromatizado con herbas que pode levar olivas, cebola, queixo… Tamén está delicioso o pesto, unha salsa típica elaborada con albahaca, piñóns, allos, queixo parmesano e aceite de oliva. Inconcebible deixar Génova sen probalos!

Unha reflexión sobre “Génova, a cidade vertical

  1. MiguelMiguel

    mmmmmm focaccia… que rico! e o pesto! Non sabía que fosen de Xénova. Haberá que ir alí a probalos :)

    Polas fotos ademáis parece ben bonita

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>