#galiciaéfestivaleira

Cartel 1Inclúe algún festival na túa axenda “verán 2015″! Repetímosvolo cada ano, e non nos cansamos, porque #galiciaéfestivaleira pero tanto ou máis Equipaxe de Man. Vós, si, vós, que non pisastes un festival de música en Galicia na vosa vida, seguide lendo! (O resto tamén que non nos sobran lectores. Os impacientes podedes ver o resumo do punto 9 para comezar). Este ano, ademais da axenda de festivais, dámosvos dez motivos para non vos perder (polo menos) un.

1. Namorarse. Dende o día que vin “Rock n’ Love” creo, definitivamente, que un festival de música é o lugar perfecto para namorarse. Se que atoparei un rapaz que cante comigo ” (…) a veces no soy yo, busco un disfraz mejor (…) ” a pleno pulmón. Que baile sobre o barro e me arrastre con el ao esvarar de emoción (é Galicia, vai chover e vai haber barro, asúmeo). Que me invite a “unha estrella” coa escusa de que non faga cola para conseguir máis “amaros”. Veña xa! Ti tamén o estás a desexar!

2. Namorarse de Galicia. E se ao final non atopamos ao amor das nosas vidas, seguiremos fomentando o amor pola nosa terra. Estouche a falar de festivais en Ortigueira, Valarés (Ponteceso), Malpica de Bergantiños, Nigrán, Vilaxoán de Arousa, Taragoña (Rianxo), Viveiro, Muros, Bueu, Foz. Se queres sigo, pero paréceche pouco? Non encontras mellor marco nin no Reina Sofía.

3. Autodescubrirse. Calquera festival é unha oportunidade para poñerte ao límite e lograr unha experiencia de autodescubrimento, certo crecemento persoal, unha tardía madureza. Enfrontarse a varios días sen ducharse (ou ao modo gato), indo a un escuro baño portátil, vivindo sen enchufes cun constante 5% de batería, durmindo sobre duro nun invernadoiro matutino (será o único momento de calor do día). Vale, non vas madurar a estas alturas, pero atoparás en todo isto un encanto que nace da falta de preocupación ou, o que neste caso é o mesmo, a relaxación total.

Xullo web

4. E descubrir a outros. Coñecer xente nova máis alá da clásica cola do baño. Os veciños da tenda do lado, cos que compartes “xardín” e ronquidos; o que che canta a pleno pulmón na túa orella (pero que como estás “de bo rollito” acaba sendo colega); o que che invita a unha caladita (aínda que logo digas que non!). E o máis importante, “redescubrirás” os amigos de sempre, cos que fuches, sumando lembranzas cargadas de risas.

5. Descubrir novos grupos. Admíteo, es dos que actualiza o seu arquivo musical, os sábado pola mañá, escoitando a Tony Aguilar en “Del 40 al 1″. E grazas a Deus que agora tes Spotify! Aínda non sabes que os festivais son moito máis efectivos. Chegas dicindo “eu, en realidade, coñezo a un par de todo o cartel” e sales toleado “Café Tacvba son o leite! Teñen temazos e démolo todo sen coñecer ningún! ”

6. “Comerte” ao artista. Ser un groupie no medio de máis groupies resulta menos patético. E aínda que sexa unha parvada gústanos comprobar que os nosos ídolos son humanos de carne e óso, máis baixiños e delgados do que imaxinabamos. Gústanos menos comprobar que o autotune está á orde do día. A música en directo, cos seus moitos pros e os seus escasos contras.

Agosto web

7. Simplemente comer e beber. Somos galegos! En calquera festa que organicemos o mellor será a comida e a bebida porque non hai nada que nos guste máis e fagamos mellor que comer e beber. O resto, neste caso a música, só está para ambientalo.

8. Sorpresas. “Sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas”. E nos festivais algunha fora de cartel sempre cae. Como un Ortigueira no que invitan a Edu Soto a subirse ao escenario e descobres que El Neng canta que o flipas. O un Portamerica 2013 onde Xoel López e Ivan Ferreiro cantan xuntos sen previo aviso. E eu é que son moi de sorpresas aínda que a miña xente sexa moi pouco de sorprenderme. Aí o deixo.

9. Sorprendentemente baratos. Así son os festivais galegos. Vale, non todos, pero hai para todos os gustos e petos: Ortigueira (16-19 xullo), o festival Vrao (10-11 xullo) e O Grove Jam Fest (1 agosto) son de balde; Portamérica (16-18 xullo) 55 euros o abono y 75 con acampada; Castelo Rock (7-8 agosto) só 16 euros os dous días; Resurrection Fest (16-18 xullo) 89 oabono; o festival Sin Sal (24-26 xullo) entre 55 y 75 euros; Sereas e Piratas (11 xullo) 12 euros acampada incluida; Nordestazo (25 xullo) 18 euros tamén con acampada de balde; o Tentacle 2015 (14 e 15 agosto) 33 euros o abono, Osa do Mar (4-5 setembro) un día 8 euros e o abono 12; Festival de la Luz (12-13 setembro) un día 10 euros, 2 días 15 euros.

Setembro web10. Facerse o guay nas rrss. A verdade, faltábame un motivo e sei que con este gañei novo público festivalero. De festivais podedes colgar todas as fotos que queirades pero non esquezades poñer o hastag #galiciaéfestivaleira. Rapaces, un ano máis… vémonos de festivais!

2 reflexións sobre “#galiciaéfestivaleira

  1. Ana

    Vicky! Son moi fan dos teus artigos, con ler esto entroume o #modomorriña. A ver se cambian os plans e ainda nos podemos atopar (..) bailando hasta el apagón (…) :)

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>