Fin de semana no Hotel Pontes de Gatín, Os Ancares

panoramica-ancares

Panorámica dos Ancares

Se falamos de fronteiras xeográficas, os Ancares encarnan unha das máis claras mostras de como unha paisaxe pode determinar a diferencia entre dúas terras, dúas personalidades, dous climas, a de Galicia, e a de León.

En Equipaxe de man estamos a celebrar os 2 anos de vida convidándovos a pasar unha noite no Hotel Pontes do Gatin, nos Ancares. Só tedes que dicirnos aquí, con que sitio da zona vos quedades.

Os Ancares lucenses xunto co Courel, é un dos maiores espazos naturais de Galicia, e está catalogado como Reserva da Biosfera pola Unesco. Entre vales e montañas, aldeas e picos de 2.000 metros, compartían espazo os autóctonos, habitando nas súas tradicionais pallozas, esas cabanas circulares con teito de palla, que hoxe se mostran ó turista como o gran atractivo etnográfico da zona; e os osos pardos que teñen nos Ancares o último reduto en todo o territorio galego.

02-ancares

Típicas pallozas

oso-pardo-ancares

Un dos poucos osos pardos que quedan nos Ancares

Unha boa escapada de fin de semana, ou mellor aínda, escapada durante o nadal, para os que non sexan apaixonados das grandes ceas familiares, pode ser unha visita ós Ancares: Becerreá, Pedrafita, Navia de Suarna, o Cebreiro…, a ponte de Pontes de Gatín…

Conta a lenda, e os veciños de Pontes de Gatín, que a ponte de pedra que leva ese nome procede dunha antiga historia na que dous namorados son os protagonistas. Estes, separados polo río, pedíronlle ó demo que construise unha ponte para poder xuntarse, pero o demo, condenado! pediu a cambio que os namorados lle desen o primeiro ser vivo que nacese na casa da parella. Ó pouco de casar, ela quedou embarazada, así que moito coidado tiña que ter para que o demo non lle levase ó seu fillo. O demo andaba pendente deste nacemento, e de que ningún outro nacemento de ningún animal se produxese na casa. Mais o demo non se decatou dunha gatiña que alumbrou no palleiro antes que a moza, co que o mozo, doulle un deses bebés gatiños ó demo, e a conta quedou saldada.

ponte-pontes-gatin

A ponte de Pontes de Gatín

Se ides ós Ancares, un par de recomendacións: Non vos vendades ó demo por unha ponte, e visitade o Hotel Pontes de Gatín.

vistas-hotel-pontes-gatin

Hotel Pontes de Gatín

O Hotel Rural Pontes de Gatín é unha construcción moderna pero feita con estilo e materiais tradicionais e da zona.

Conta con varias habitacións, dobres e para toda a familia, e ofrece o encanto de estar rodeados pola natureza máis xenuina dos Ancares, comida da casa e da horta, á beira do río Navia. No hotel acolleranvos como na vosa propia casa, e non só serán uns auténticos anfitrións, se non que farán tamén de verdadeiros guías turísticos e etnográficos, descrivíndovos cales son os mellores roteiros para descubrir os Ancares, xa sexa a pé, en coche ou pedíndolle favores ó demo de Pontes de Gatín.

hotel_ancares

Fachada do Hotel Rural Pontes de Gatín

restaurante_ancares

Comedor do Hotel Pontes de Gatín

2 reflexións sobre “Fin de semana no Hotel Pontes de Gatín, Os Ancares

  1. Dani Nelo

    Pufff hai moitos. Poñer Piornedo é un clásico…eu vou poñer mesmo a zona do Ponte de Gatín, Navia de Suarna ou, o que máis, o val de Rao

    Ou a zona de Campa da Braña, onde esta o albergue e empeza a ascension aos picos, ou tamén, moi chula, a zona por detras de Piornedo, camiño do Mustallar. Sí, quédome con esta última.

    A zona do alto de Sete Carballos non, que quedamos colgados co coche cando iamos cantando Gimme The Power, de Molotov

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>