Filipinas, illas de Corón e El Nido

Filipinas foi o meu desitino elixido para ir o pasado novembro a pasar perto dun mes de vacacións, aproveitando esa tempada de calma sen choivas e tifóns nas illas.

A entrada ó país foi a través do aeroporto de Manila, do que en canto puidemos, tratamos de escapar. Esquivando as paredes empapeladas co esologan nacional “It’s more fun in the Philippines”, os metros onde os gardas de seguridade empurran ata que que todos están dentro, rúas ateigadas de jeepneys, e o sol abrasador que che deixa ata feridas na pel, por fin fomos quen de deixar atrás esta cidade, que será obxecto doutro post diferente.manila

Collimos unha avioneta para a illa de Corón, un dos mellores puntos do mundo para bucear, onde contabamos con estar sós, ou case, e dentro do que cabe máis ou menos foi así. Un dos criterios que normalmente uso para saber se en certos lugares hai moito turismo ou non (ademáis dos obvios), é ver se os nenos locais te saúdan ou non, en caso afirmativo, interpreto que aínda non se cansaron dos turistas.IMG_5468

_DSC4353

Chegados á illa de Corón, tes a sensación de aterrizar nun dos escenarios da película Avatar, con eses ceos perfectos, con relieves kársticos con vexetación verde e frondosa, con raras especies de animais e de árbores.

_DSC4387

_DSC4505

Sen dúbida un destino bastante exótico, e eso si, para os amantes do buceo ou polo menos de facer snorkel, xa que todas as actividades que se poden facer na illa, teñen que ver con deportes náuticos.

_DSC4678

No caso de non bucear, e chegares enganado á illa, tes agora tres opcións:

  1. A primeira é que te lances á aventura e te saques o título de Open Water e vaias a bucear para ver barcos de guerra japoneses fundidos durante a segunda guerra mundial. Máis que recomendable.coron-wreck-diving-SigueMiRastro
  2. Contratar un tour dun día para percorrer as pequenas illas que ateigan Corón e as súas praias nunca banca, a embarcación tradicional filipinabanca-filipina
  3. Ou rascarte un pouquiño máis o peto e contratar a un barqueiro para que te leve ós puntos que ti prefiras, escapando un pouco da masa (ousexa, uns 30 turistas por día)._DSC4679

Por sorte puiden estar na illa algún día máis dos pensados, co cal tiven tempo tamén para alugar unha moto (automática e de marchas, o terreo non está como levar levar scooters), e percorrer a illa. Nestas situacións é cando te das conta de que realmente “It’s more fun in the Philippines”.

  • O sorriso desta xente é real, non como o que podes percibir en Tailandia, do que xa falei noutro post o ano pasado._DSC4783
  • Unha excursión en moto pola illa póde facerte sentir como a Raíña de Inglaterra, saudando a tódolos nenos cantos te atopas, e crédeme, son moitos. _DSC4366
  • Chegas a praias vírxenes onde só te atopas un par de vacas e un par de nenos que logo veñen a ti a mirarche a cor do cabelo ou ese bikini raro que levas.
  • É curioso descubrir igrexas católicas como a “Iglesia ni Cristo” no medio do sudeste asiático. Sí, en Filipinas son católicos.

_DSC4569

  • Ou escoitar falar a un filipino na súa lingua nai, o tagalo, e darte conta de que utilizan palabras como “cuchillo”, “cuchara” e “tenedor”, “uno”, “dos”, “tres”, “cuatro”, “amigo”, ou o mítico “para-para”, usado para baixarte de calquer transporte, herdanza do seu pasado de colonización española.

Logo de Corón, collimos unha banca que en 8 horas nos levaría á seguinte illa, á illa de El Nido, tamén famosa por ser un punto de buceo espectacular, pero que ademáis, ten outros atractivos.

Nesta illa quedamos aloxados nunhas pequenas cabaniñas na zona de Corong-Corong (non confundir coa anterior illa de Coron), desde onde cada mañán tomaba un pequeno almorzo continental vendo o sol sair, xusto nunha das praias máis fermosas da zona, Cabañas beach.

En Corong-Corong aproveitamos para escapar tamén un pouco do turismo, pero realmente aquí foi máis complicado, estaba cheo de españois, (tómese o “cheo” con prudencia); percorrer a illa en moto, saltar de praia en praia en kayak, visitar praias vírxenes onde uns holandeses instalaron os seus bungalows-hotel, e comer pratos típicos de orixe español como Chicken-adobo, foron as actividades dunha semana intesa e divertida.

_DSC4705

_DSC4704

_DSC5176

_DSC5234

_DSC5355

Recomendación: levade cartos en metálico xa que é complicado tirar de caixeiro ou mesmo pagar con tarxeta de crédito, que nolo digan a nós que ó ter que quedar na illa máis tempo do debido (por algún misterio o espazo aéreo filipino estaba pechado), tivemos que andar aforrando cada peso filipino para non quedarnos sen cartos.

Nestes últimos dous anos tiven a oportunidade de viaxar a bastantes destinos no sudeste asiático, e dos que levo ata o de agora, podo afirmar que Filipinas é de momento o máis interesante, pola paisaxe virxe e verde, porque case está inexplorado, pola xente amable, pola comida, polas praias, polo buceo…en definitiva, 

_DSC4560

_DSC5316

_DSC5328

_DSC5338

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>