De Feiras Gastronómicas por Galicia

Como ben sabedes, se teño que decantarme por un destino para ir de turista, un dos factores que máis teño en mente (incluso sen pensalo) sen dúbida algunha é a comida. Cousa rara en min, eh? Pois si, así é. Sonche 120% larpeiro.

Se cadra foi por iso que cando Jorge Guitian me propuxo formar parte do grupo de bloggers invitados a unha serie de eventos organizados por in9 Eventos para que lle axudásemos na difusión nas Redes Sociais do que se respira nestas gastrofestas galaicas, a verdade é que tiña en mente unha cousa totalmente diferente ao que vin nestas tres xornadas. E por suposto, sorprendiume para ben! ;)

A primeira das xornadas foi en Pobra do Caramiñal, e foi unha das que máis gozamos todo o equipo: moi bo producto, o mar estaba fantásticamente representado polos percebes, os mexillóns, as cigalas, as navallas, as zamburiñas… todo un espectáculo para os paladares máis selectos (e para o meu tamén, eh?). Por suposto tamén tiñamos estos productos preparados en empanada (con pan de millo ou de trigo), croquetas – as de choco, impresionantes na miña opinión- e ata en formato paella, uns arroces que facían tirar da maravilla de pan que alí puxeron para deixar os pratos casi como viñan.

E todo esto, espectacularmente acompañado das cervexas artesanas galegas Menduiña ou a Peregrina por exemplo, ou os viños alvariños… fixéronnos sentir se cabe todavía máis fachendosos da riqueza da nosa gastronomía. Foi unha xornada na que poidemos retransmitir todo o vivido e sentido a través do hashtag #SaboresDaRia, por si queredes ver as imaxes e as sensacións recollidas.

Na seguinte xornada, o evento tivo lugar en Ribeira, e seguindo moitas das boas pautas do anterior evento, continuouse apostando pola calidade das viandas, por unha boa posta en escea tanto dos pratos coma na decoración con motivos marítimos, habilitándo tamén unha zona exterior na que poder degustar cada ración e poder acompañalas logo dos moitos tipos de gintonics, nos que se apostou novamente por as mellores marcas galegas, mentras se podía disfrutar dun grupo de música en directo que fixo bailar ata os máis reticentes.

Nesta ocasión ademáis houbo un concurso de elaboración de tapas mariñeiras, no que resultou gañador Raúl Góñez do Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión. O xurado non o tivo nada doado, pero a verdade é que a contextualización da orixe xeográfica do seu “Linkeirón de Fisterra” e os aromas directamente traidos da praia de Langosteira namoraron ao xurado dende o primeiro instante. Nesta ocasión o hashtag para poder seguir o evento foi #FeriaArtemar.

Foto roubada a @xavi_life sen previo aviso: Non lle digades nada, que ten DEREITOS CONSERVADOS :P

E hoxe, o terceiro evento organizado na comarca do Barbanza podiades seguilo dende o hashtag #EntreBateas: dende traiñas ata diferentes mostras de baile galego fixeron que a xente estivese no mellor dos ambientes. Nesta ocasión o protagonista indiscutible foi o mexilón, e ainda que non houbo empanadas deste molusco desta volta, tanto ao vapor, como en salpicón puidemos saborear este manxar coa mellor compaña.

Nada máis nos queda que felicitar a todos os colaboradores do evento, e a Jorge polo seu tino en escoller á xente para xerar un equipo que de seguida fixo moi boas migas tanto no profesional como no personal. Cito totalmente ordeado ao chou e faltando moitos seguro, para que se me piquen e me deixen o comentario-protesta…

Ata a vindeira, foi todo un pracer poder contribuir a difusión de eventos tan ben feitos e con tanto mimo coma estes. Ogallá cunda o exemplo! ;)

2 reflexións sobre “De Feiras Gastronómicas por Galicia

  1. JavimosJavimos Autor do artigo

    Querido BOT de Xavi_life: te queremos, admiramos y respetamos a partes iguales. ISO SI: OS DEREITOS CONSERVADOS SEMPRE EN FORMOL, OK? ;)

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>