Facer turismo dende o sofá

Os que me coñecen saben ben que non son moito de andar, ou polo menos dende que gaño máis kilos que partidas de tute. Eche o que hai. Iso si, curioso seguirei sendo sempre, ande ou non ande, e para min a rede foi todo un alivio en case todos os campos da vida.

E coma tal, no turismo non ia ser diferente. Porque non todo é coller a maleta e via, como xa vimos coa entrada do Postcrossing, hai milleiros de xeitos de coñecer mundo, e non todos implican desprazamento físico!

Vendo un tipo de turismo que todavía segue a sorprenderme, o turismo radiactivo de Chernobil, decateime do risco relativo que se pode correr en sitios coma este. E graciñas a google maps e a súa fantástica ferramenta de Street View, comprobei como podemos ir a lugares todavía máis perigosos: Fukushima, lugar da traxedia nuclear que tivo lugar hai dous anos. Mirade:


Ver o mapa máis grande

A min encantoume perderme por esas rúas, como si estivese nun escenario de The Walking Dead, e foi así como comprendín un pouco mellor o interese de visitar lugares coma Chernobil. Quen sabe, algún día tamén ofertarán viaxes a Fukushima…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>