Do it yourself “mapamundi”

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Cada vez que queiras planear unha viaxe, bota un vistazo ó mapamundi, sempre te pode inspirar

Hai anos que o teño en mente, e por fin conseguín atopar unha tarde para ver realizado un dos meus desexos; montar un mapamundi sinalizado nos puntos xeográficos nos que estiven, acompañado de recordos traídos deses distintos destinos (postais, billetes, marcapáxinas, tickets de entradas, imáns, etc).

O procemento foi moi sinxelo; merquei un póster cun mapamundi de 60 x 90 cm, un corcho do mesmo tamaño, chinchetas, cinta de dobre cara e unha unidade de Blu-Tack (unha masilla adhesiva para fixar) que me permitiu pegar os souveniers polo borde.

En primeiro lugar, peguei o mapamundi con cinta de dobre cara ó corcho; a continuación cravei as chinchetas nos destinos nos que tivera, procurando poñer a mesma cor delas en cada país (o normal é que onde máis se concentren os nosos sinalizadores sexa en España e resto de Europa, polo que deste xeito distínguense mellor as áreas visitadas). Finalmente, peguei polo borde do mapamundi co Blu-Tack os distintos recordos traídos das viaxes, procurando quedarme cos máis representativos, vistosos e orixinais, ademais de xuntalos por país ou rexión.

A realidade é que antes de porme mans á obra pensei: agora que está moito de moda o de “do it yourself” e que igual o número de chinchetas que teño que empregar xa non resulta ridículo, chegou o momento. O resultado final é que o mundo é moi grande e os sinalizadores apenas se perciben, pero por algo se empeza, e ademais resulta moi gratificante ter todo este material ordenado e de paso facer repaso de xeografía, que sempre vén ben.

Incluso para completar o repaso por esas escapadas sempre podo acudir ós álbumes de fotos que fago tras a volta á casa ou releer os posts dalgúns deles colgados en equipaxedeman.com. Aquí vos deixo con algúns dos que considero máis interesantes:

Rumbo ó “Dragón de Indochina”, Vietnam, 3ª parte

Costa Rica, un destino para os amantes da Natureza

Petra, a cidade perdida dos nabateos

Un paseo pola grandiosa San Petersburgo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>