Dez cousas que facer gratis en Amsterdam

344680033_a64df38116_oUnha das cousas que máis me sorprendeu de Amsterdam é o cara que pode resultar. O mellor exemplo que sempre dou para xustificar a miña sorpresa é que na maioría dos sitios, como bares e pubs, hai que pagar para ir ao baño.

Non é cuestión de asustarse, só de saber que se pode facer nesta cidade sen que nos teñamos que empeñar.

Hai moitas cousas para desfrutar gratis, e aqui van algunhas delas:

1. Coller o ferri ata Amsterdam norte desde a estación central. O ferri é gratuito e en só uns minutos estaredes na outra parte do río. Explorar esa parte de Amsterdam pode resultar bastante interesante. Nada máis desembarcar, veredes o Eye Film Institute, de gran interese arquitectónico. Pódese visitar gratuitamente o museo do cine que hai na planta baixa.

13049348904_cfdbb9bffe_o

2. Desfrutar dos parques de Amsterdam é unha das aficións máis importantes dos amsterdamers cando saen dous raios de sol. Hai que engadir que está permitido facer churrascadas nos parques. Calquera escusa é boa para ir dar un paseo.

3. O arte nesta cidade está por todas partes e unha das formas de desfrutalo é percorrer as rúas de graffitis. A máis famosa é Spuistraat. Non a podedes perder.

14878604273_493da2c46c_o6984627131_cecd41a743_o

4. Outra forma diferente de descubrir arte é percorrer as galerías de arte no barrio do Jordaan. Dádevos un paseo e deixade que novas ideas sexan protagonistas da vosa tarde.

5. Begijnhof, un patio con xardín particular, está considerado como o punto máis silencioso de todo o centro da cidade. Foi creado para albergar unha organización de mulleres relixiosas (sen votos eclesiásticos) chamadas beguinas. Encóntranse alí a primeria igrexa clandestina da cidade e a vivenda máis antiga de Amsterdam (ano 1420).

4151159388_0cdc3f5fce_o

6. O cumpreanos do rei, a finais de abril, é un gran acontecemento: o King’s Day é celebrado por todos os holandeses cunha gran festa. Os canais de Amsterdam énchense de barcos engalanados para a ocasión, as rúas están cheas de xente vestida de laranxa e por todos lados se poden atopar palcos con diferentes tipos de música para animar a festa. A celebración empeza na noite do 26 de abril e dura ata a noite do día seguinte.

15411811312_9bf654621b_o14046104233_59428a2929_o

7. As vistas desde a Biblioteca Nacional (OBA), situada moi cerca da estacion central. A biblioteca non ten moita altura pero dado que a cidade é totalmente plana e os edificios son baixos, da para ver boa parte da cidade.

8. Prohibido non perderse polas rúas do centro de Amsterdam e desfrutar dos canais. Ideal, saír a pasear unha noite de luar. O punto máis famoso é entre as rúas Herengracht e Reguliersgrach, moi cerca de Rembrantplein, onde se poden ver as ”15 pontes”.

15828177639_5346576b38_o

9. Entre decembro e xaneiro, organizan o Festival da Luz, onde se colocan varias obras e instalacións interactivas de luz por toda a cidade. http://www.amsterdamlightfestival.com/

10. Os tours gratis para percorrer a cidade saen desde varios puntos e en un par de horas descubriredes unha cidade única no mundo. Sempre é bo deixar algo de propina ao acabar, ainda que estén ofertados como gratuitos.

Seguro que vós descubrides algunha cousiña máis. Amsterdam nunca deixa de sorprender e non se precisa gastar moito para ser sorprendidos. Xa non tendes escusa para non coller a equipaxe de man e pasar uns días na cidade das bicis e dos tulipáns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>