Detrás do temporal

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto-Rubén Prieto de SurfCostadaMorte

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto- rubenprieto.com

Cada día, vemos como as novas relacionadas coa información meteorolóxica cobran máis e máis interese. Comprobámolo coa de minutos que medrou a sección do Tempo no Telediario (Pemán despachábao nun par de minutos coma ninguén), co nacemento de novas webs tremendamente actualizadas como 4gotas.com, ou facéndonos habituais a termos como “Cicloxénese explosiva”, que ben Mario Rodríguez nos explica en que consiste. Cantos sabemos de súpeto interpretar os mapas de isobaras?!

O Carrumeiro dende o Cabo C-Corcubion-Foto-Felipe Garcia

O Carrumeiro dende o CaboC, en Corcubión-Foto-Felipe García

E este inverno estamos tendo material para saciar toda esa fame de natureza salvaxe. Levamos uns meses de temporal en temporal, de nome en nome (se queredes bautizar unha borrasca está caro ultimamente con tanta demanda…). Todo o norte peninsular sufríu tremendos temporais de mar con ondas espectaculares e inundacións. Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia pasaron de alerta en alerta dende o comezo de 2014.

Nós, imos centrar a atención á provincia da Coruña, e facendo o foco na Costa da Morte, unha zona onde a forza da natureza, ademais de deixar graves consecuencias, atrae a unha marea de visitantes. Ademais, este “Turismo de temporais”, compaxínanos perfectamente con outras posibles experiencias como turismo de catástrofes, turismo de naufraxios ou necroturismo, especialidades da casa.

Xa en outubro avisou un temporal deixando boas inundacións. Pero foi o temporal de Reis o que deixou as primeiras estampas impresionantes. O mar facíase valer entrando ata na xa queimado Santuario da Virxe da Barca. Temporais que traían consigo arroaces, lobos mariños e ata baleas ás nosas costas.
Pero estas borrascas aínda chegaban orfas. Non tiñan nome. Foron 3 consecutivos nunha semana, sen tregua intermedia. Unha semana, a primeira de febreiro para mergullarse na néboa. Primeiro foi o ”Nadja”, de seguido o ”Petra”, e por se acasaro non queríamos máis caldo, toma ”Qumaira”.

Hai moitos puntos moi interesantes onde poder disfrutar dun bo temporal na Costa da Morte. A punta da Barca é moi transitado, dende o Cabo C tamén serve para cazar ben ao Carrumeiro, achegarse á Fervenza do Ézaro é un luxo, as praias do norte de Fisterra cambian a súas fisionomía de xeito espectacular, en Malpica o mar sempre supera o espigón, polo Reira… Complicado é, nun día de temporal, non atopar unha estampa impresionante pola volta.

O mar sobre o espigon de Malpica-Foto-Fran Varela Saleta

O mar sobre o espigon de Malpica-Foto-Fran Varela Saleta

 

Veas as que lle saen a Fervenza do Ezaro-Dumbria-Foto-Mario Rodriguez

Veas as que lle saen a Fervenza do Ézaro, en Dumbría, cos temporais-Foto-Mario Rodríguez

O mar recupera o seu espazo na Coruña

O mar anegando o paseo maritimo da Coruna n Riazor

O mar anegando o paseo maritimo da Coruña en Riazor-Foto- @bombeiroscoruna

Espectaculares tamén foron tamén os temporais de mar na Coruña. Se cadra ata non viñeron mal; que xeitosa quedaba a area ata a altura do paseo marítimo por Riazor… Zonas como o Mileniun, o Acuario, ou o Rompeolas que separa as praias acollían a ducias de, moitas veces incautos, espectadores.
Pero as imaxes que máis impactaron foi cando as ondas recuperaron o seu terreo anegando o paseo marítimo pola zona de Riazor. Vemos este vídeo vía @vicgrande:

Máis temporais na Costa da Morte

Novas interesantes

Unha reflexión sobre “Detrás do temporal

  1. Pingback: o derradeiro? | mimadrinha

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>