Da pillería mozambiqueña e a humildade de Zimbabue, á hostilidade sudafricana

Oscar tratounos de luxo no estupendo VicFalls Rest Camp de Zimbabue

Oscar tratounos de luxo no estupendo VicFalls Rest Camp de Zimbabue

Sudáfrica, Zimbabue e Mozambique. Eses foron os 3 destinos da nosa viaxe de 3 semanas no verán de 2014. E sen ánimo de xeralizar nin de sentenciar, quería facer unha reflexión sobre as personalidades que entendimos atopar nos tres países. Tres modos de actuar, de recibirnos, curiosamente diferentes, tendo en conta a súa proximidade.

O primeiro, obrigado, pois é porto de parada case obrigatoria vendo os prezos para viaxar aos nosos dous países escollidos para a nosa primeira experiencia africana, cumplindo un dos nosos grandes soños.

A segunda, escollida para ver un dos tesouros naturais que máis nos impresionou sempre. E a terceira, para descubrir unha terra costeira paradisíaca, sen explotar, e aproveitar a cercanía lusófona.

A agresiva Sudáfrica

Dende o Red Bus sufrindo Johannesburg

Dende o Red Bus sufrindo Johannesburg

Espero non ter que voltar a Sudáfrica. E iso que os 4 días no Kruger Park vendo bichos foron incribles, dunha paz maxistral. Pero a realidade foi dura dende o primeiro momento. Mesmo antes. Xa buscando hotel, escollemos o agradable Gest House 3onFirst, porque dicían do barrio que era o único que tiña restaurantes pola rúa… Si, si, o resto só ten establecimentos nos centros comerciais…

O primeiro consello, ou máis imposición, de Pindy, a nosa amable “caseira”, foi que non andivésemos pola rúa… Como vas ir de viaxe sen andar pola rúa?? Pois efectivamente. Non recomendan aos turistas pasear polo centro da City, tomado nos anos 90 por unha cabreada (como é normal) tras anos de Aparheid. Xa aparece o primeiro día esa palabra tan presente aínda case 30 anos despois do sue final.

Non tivemos outra opción (Pindy foi taxante) que coller algo que nunca criamos que iamos facer: o Red Bus, si, ese bus turístico que percorre a cidade. Menuda sensación, parecía que estabamos no Parque Kruger vendo leóns, pero era o centro de Johannesburgo vendo negros… Unha sensación horrible sentirse tan extremadamente guiri…

O último día, xa á volta das 3 semanas, conseguimos aventurarnos a andar varias mazás polo centro da City, e mesmo nos adentramos nunha concentración a favor dos dereitos da comunidade negra. Non houbo ningún problema, a verdade, supoño que a cousa será máis calmada do que parece.

Iso si, un par de días antes sufrimos o único percance de toda a viaxe. Voltabamos de dúas semanas pola humilde Zimbabue e pola relaxada Mozambique. Entrabamos nas fronteiras sudafricanas de novo, cando nunha das paradas de bus vimos un caixeiro automático. Puxémonos a sacar cartos, cando un home cheo de ouro por todas partes, moi ben vestido, achegouse a nós “axudarnos”. Tardamos 10 segundos en decatarnos, pero xa marchara ca nosa tarxeta e co pin descuberto… Fumos moi paletos pero notábase que ese home adicábase precisamente a enganar… A tensión dos momentos posteriores (apenas puido sacar un par de centos de euros dun caixeiro cercano que despois nos devolveron), son para recordar, e para non querer voltar á terra tan hostil.

Pillería e humildade

Xogando ao futbol con rapaces en Vilanculos-Mozambique

Outro soño cumplido, xogar ao fútbol na praia de Mozambique, en Vilanculos

Semellantes pero diferentes parecéronnos as formas de ser de mozambiqueños e zimbabuenses. Os do interior son máis humildes, tremendamente hospitalarios e moi educados. Típicos dunha terra eminentemente pobre.

Contraponse esta persoalidade coa tranquilidade de Mozambique. Tampouco te van roubar, pero si que un pequeno cativo vaite intentar enganar uns céntimos nas voltas. Acostumados a ter a comida moi fácil (basta con achegarse á praia e conseguir un rico peixe recén pescado por 5 meticais), leva provocando que sexan xente relaxada, vagoneta, simpática e tan pícara como simpática.

Haberá que voltar a estas dúas terras agradables.

A comida fácil de Mozambique, mercando peixe fresquísmo na praia de Vilanculos

A comida fácil de Mozambique, mercando peixe fresquísmo na praia de Vilanculos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>