Cousas que non faltan na miña maleta

Maleta Natalia

Co paso dos anos e das viaxes a maneira de facer a maleta vai mudando. Dos primeiros “por se acaso” nos que metíamos cousas que non empregábamos nin unha soa vez en toda a viaxe (“Para que viría eu cargando con todo isto?”, pensabamos) pasamos a optimizar cada vez máis espazo e recursos para non ir cargados e poder movernos non facilidade. Entre os básicos que non poden faltar na miña maleta están os seguintes:

Mochila de coiro. Por comodidade, espazo e nostalxia… Xa leva percorrido uns cantos países comigo dende hai uns aniños e agardo que me acompañe moitos máis.

Gafas de sol/ver. Unha miope coma min sempre ten que levar as lentes porque senón perdería todos os detalles da viaxe.

Cámara de fotos. Imprescindible, xunto coas lentes. É a mellor maneira de fixar a memoria.

Bikini e toalla. Non deben faltar na maleta xa que no lugar máis inesperado podes botalos en falta!

Guías. Si, son das que leva guía vaia a onde vaia, aínda que logo son moito de deixarme levar e lear pol@s compañeir@s de viaxe…

Roupa e calzado cómodos. Vaqueiros, camiseta e zapatillas normalmente, e vestidos para o verán.

Libros. Aínda que adoro ler, teño que recoñecer que non é nas viaxes cando máis leo, pero aínda así sempre levo algún libro para o avión ou o tren. Polo ritmo que nos marcamos durante as xornadas da viaxe a maior parte das veces estou tan cansiña que caio rendida sen tan sequera abrilo.

A miña gata Gin. Como a calquera gato encántalle as caixas, bolsas e maletas, así que non perde a ocasión de meterse nela en canto a abro e adormecer entre as miñas cousas, polo que tamén se converteu xa nun básico na miña equipaxe… :)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>