Cousas que facer na Coruña “by de face”

Embarcacións no porto da Marina

“Cidade na que ninguén e de fóra”, “cidade herculina”, “cidade atlántica” “cidade de cristal”… Son numerosos os calificativos ou as características que definen á cidade da Coruña e que están na mente de todos. Todas esas caras configuran unha cidade poliédrica na que é posible facer “case” de todo, e por encima, moitas desas cousas son gratis. Se o queredes comprobar seguídeme.

-Entrar nalgúns dos seus Museos. Aínda que algúns son de pago, a entrada a outros é de balde, como a Casa Museo Emilia Pardo Bazán, adicada á afamada escritora galega; o Museo de Arte Contemporáneo Unión FENOSA (MACUF), agora mesmo coa mostra “Y la luz se hizo (Et facta est lux)”;  o Museo Luis Seoane, coa exposición “Escombros” de Ángela de La Cruz; ou o Museo de Belas Artes, que alberga nestes momentos a mostra “O primeiro Picasso. A Coruña 2015″.

Torre de Hércules

-Admirar os seus principais monumentos. A Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade en 2009; a Praza de María Pita co Pazo municipal; ou as Galerías da Mariña

-Visitar o Centro Comercial máis grande de España e o terceiro no ranking europeo, o Marineda.

-Pasear polos seus parques. Monte de San Pedro, Parque de Bens, Parque de Santa Margarita, Xardíns de Méndez Núñez ou Xardíns de San Carlos.

-Desfrutar das súas mostras na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga, nestes momentos coa mostra “110 anos de Historia e Xornalismo”; ou no Ágora, na que se pode ver estes días a exposición “O Camiño dos Faros, unha paisaxe en cada paso“.

Galerías na Marina

-Pasear pola Cidade Vella e entrar na Colexiata de Santa María do Campo ou na Igrexa de Santiago.

-Bañarse nas súas praias,  Orzán, Riazor, As Lapas, San Amaro, Matadero e Oza.

A que estades esperando para achegarvos?

#coruñasemueve

3 reflexións sobre “Cousas que facer na Coruña “by de face”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>