Comer en Sanxenxo

Comer en Sanxenxo lubina rechea de vieira

Despois da miña oda á vila fai uns días, non podía deixar pasar a oportunidade de recomendar uns cantos sitios que a min me gustan para comer, cear ou tapear en Sanxenxo.

Para primeira hora do día

O Gassho Sanxenxo Lounge foi a novidade deste verán. Personalmente non me convence moito o servizo nin os cafés de Nespresso servidos en vaso de papel, pero ten unhas vistas incribles para empezar o día. Dentro do parque de Punta Vicaño, pasa un pouco desapercibido se non sabes que está alí. Pecha no inverno.

Cafeteria con vistas en Punta Vicaño

A medio camiño entre o centro do pobo e o porto deportivo de Sanxenxo está a cafetería Maraxe, que no verán ten terraza fóra e no inverno ten unhas cristaleiras enormes dentro das que resgardarse.

Comer en Sanxenxo / Cear en Sanxenxo

Os prezos son orientativos, nestas cartas de prezos tan diferentes (pementos de padrón vs percebes) poden variar moito. Ainda así están baseados na miña experiencia (que non pido percebes).

Restaurante a Goleta en Sanxenxo

Restaurante A Goleta Sanxenxo (28 €-35€/persona)
Un clásico que está aquí ano tras ano. Dos poucos locais que non cambian de dono e de camareiros cada temporada, polo que te fan sentir como nun  restaurante coñecido. Unha carta centrada na calidade dos produtos galegos. Aquí podes comer unha boa mariscada por menos de 50€ (2 personas), solombo de boi á pedra por 21€/persona (que cociñas ti mesmo) e moitos pratos de peixe e marisco ademais das típicas racións.  Non é un restaurante barato, pero nunca te vai a deixar quedar mal se invitas a alguén. Os postres caseiros están boísimos e aos chupitos invita a casa. Tamén invitan a unha selección de postres pero non lle fan xustiza aos que fan eles.

Restaurante Carmen Sanxenxo (30€-35€/persona)
Outro dos restaurantes con máis tradición do Paseo dos Barcos. Ten varios premios nas súas paredes e tras unha importante remodelación, deixou a un lado o ambiente tradicional por outro máis moderno. Centrados tamén na calidade dos produtos, vístenos cunha capa de cociña moderna que favorece moito as receitas. Recomendados os peixes ao forno que teñen fora de carta e tamén a lubina rechea de vieira en salsa de tomate (mirade a foto ca que empeza o artigo).

Merendar en Sanxenxo

Gofres no paseo marítimo de Sanxenxo

5 y pico
Os mellores gofres que probei nunca. Espectaculares. Imposible resistirse ao olor se pasas por alí cerca e serán a túa perdición se estiras a toalla por enfrente deles na praia. Se vas a Sanxenxo en setembro encontrarasme alí.

De Tapas por Sanxenxo

A Taberna da Madama
No paseo marítimo de Silgar, ca terraza no medio da beirarrúa e cunha decoración de madeira moi enxebre, este é un dos meus sitios favoritos. Para tapear e tomar unhas cañas ou viños. As racións son enormes e os precios moi baratos. Recomendacións: croquetas de ibéricos (5€), patés (3€), raxo (5€), zorza (5€) e gulas (5€).

Taberna A madama, de tapas por Sanxenxo

A Bodega
Unha tasca de toda a vida tamén para ir cear as típicas racións. As brochetas de raxo están boísimas. Sirven os viños en cuncas e xarras das de toda a vida. Está un pouco escondida.

O Aviador
No centro do pobo é un dos poucos sitios que permanece aberto durante todo o ano. Aquí é onde toman os viños os señores de Sanxenxo de toda a vida. Tablas de embutidos e queixo nunha mestura entre un pub inglés e unha taberna galega.

A primeira copa en Sanxenxo

Terraceo en Sanxenxo

A d’Irene
Esta tarberna está no centro da vila, enfrente a O Aviador. Igual serve para ir a tomarse un viño/caña antes de cear como para tomarse a primeira copa da noite. As consumicións van sempre acompañadas dunha tapa e a partír das 12 da noite baixanse as luces e súbese a música para cambiar a un ambiente máis de pub.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>