Circuíto Galicia ao completo

O pasado mes de marzo puiden desfrutar do circuito polas Rías Baixas que gañei grazas ao concurso de Turgalicia, ViveGalicia, denominado “Galicia ao Completo”. A verdade que foron sete días fantásticos de disfrute dun paseo en barco, de pobos enxebres, largos paseos, boa gastronomía… Podía decir de descanso, pero a verdade non deu tempo a descansar moito.

Este circuíto comezou, despois dun primeiro día líbre, con unha visita a Vigo, cidade industrial e cosmopolita donde subimos ao mirador do Castro e desfrutamos da panorámica da cidade. Logo desfrutamos dun polbo a feira no mercado da Pedra. Pola tarde, visitamos o pobo de O Grove, unha villa típicamente mariñeira e turística, coñecida como o paraíso do marisco.

De feito, ten unha festa gastronómica de exaltación do mesmo. De aquí tomamos un barco para facer unha travesía pola ría e visitar os criadeiros de mexilóns e outros moluscos. Durante este viaxe puidemos desfrutar dunha degustación de mexilóns e dunha boa festa no barco. A continuación, fomos ata a illa da Toxa, famosa polos seus balnearios e xabróns.

No noso terceiro día polas Rías Baixas, acercámonos a Valença do Minho, ao norte de Portugal. Unha vila amurallada e situada na fronteira con Galicia e bañada polo río Miño. A continuación, seguindo polo baixo Miño chegamos á Guarda onde subimos o monte de Santa Tegra. Despois dunha boa mariscada, visitamos Baiona, unha vila turística moi importante no sur de Galicia con gran interés turístico e arquitectónico.

Continuamos o noso circuíto visitando a cidade de Pontevedra, donde recorremos o seu casco antiguo, o cal sorprende pola súa beleza monumental, rúas estreitas, soportales, prazas… Posteriormente trasladámonos ata Combarro, un pobo típico e pintoresco. Foi un pobo que me sorprendeu moito, ten un encanto especial. Pola tarde, visitamos Cambados, unha vila fidalga, declarada conxunto histórico-artístico.

Aquí rematou a programación do noso circuíto, despois destes axetreados días de visitas dous de descanso, por fin, aínda que pareza que non, rematei máis cansada despois destes días que se estivera traballando. Así que, tocaron dous días de descanso, nos que aproveitamos para acercarnos a illa de Arousa e subir o mirador o Con do Forno para desfrutar da excepcional panorámica da illa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>