Cinco webs imprescindibles se es furgoadicto

FurgoUltimamente cambiei os brandos colchóns de hotel pola suave rixidez dos de plástico; as ceas en salóns pechados polas á luz da lúa co canto dos grilos ou o son do mar. Si, ultimamente viaxo en furgo; acabo de convertirme en furgoadicta principiante.

Como tal, precisei dunha fonda investigación pola rede xa que había moitas preguntas sen resposta, moitas cousas que averiguar. Comecei a tirar do fío e aquí están: as miñas webs imprescindibles para esta nova viaxe.

A casa de catro rodas tamén te atrapou a ti? Benvid@!

1) enciclofurgo

Un montón de bricos para facer e adaptar a furgo. Dende arranxos de fontanaría, calefacción, electricidade, mecánica, etc; dende como instalar a ducha portátil acoplada á furgo, a como facer un tendedeiro no portabicis, ou como protexela con sistemas antirroubo.

2) furgokaravaning

Nesta web poden camperizar a túa furgo de xeito completo. E, se non che apetece gastar os cartiños en pagar a unha empresa; sempre podes sacar boas ideas para un DIY.

3) furgovw

Xa coñecía furgovw.org antes, porque recurría a ela para buscar información de campings, praias, etc. xa que teñen unha inxente cantidade de información moi completa. Agora axéitase de perlas cando busco respostas a innumerables preguntas ou un furgoperfecto para unha noite.

4) viaxandoenfurgo

Se queres coñecer as experiencias dun blogger experimentado en campers, esta é a túa web. Atoparás dende a historia das súas viaxes a Marrocos ata un estupendo índice de rutas en furgo.

5) lafurgo, mundicamping, camperexperience

E ti? Non tes furgo e chegaches ata aquí? Asúmeo, estás atrapad@… Nestas webs podes botar un vistazo a moitas que, ou se alugan, ou se venden. Boa sorte!

Vémonos na estrada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>