Hai anos que o teño en mente, e por fin conseguín atopar unha tarde para ver realizado un dos meus desexos; montar un mapamundi sinalizado nos puntos xeográficos nos que estiven, acompañado de recordos traídos deses distintos destinos (postais, billetes, marcapáxinas, tickets de entradas, imáns, etc).
Xordania
Petra, a cidade perdida dos nabateos
O resultado de calquer certame pode ser máis ou menos obxectivo, pero catalogar á antiga cidade nabatea de Petra coma unha das sete maravillas do mundo actual é un elemento de xustiza. O seu nome provén do vocablo grego πέτρα que significa pedra, e acerta de pleno dado que non se trata dunha cidade construída con este material natural senón tallada literalmente sobre o mesmo.