Palestina

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (IX)

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

Equipo costeiro con Rosa e Aya en Hebron

16 de agosto de 2011

De Nablus a Hebron, ou Al Hilal, despois de coller un taxi compartido, un “service” (furgoneta para viaxeiros que sería ideal para unha zona como a da Costa da Morte), atravesar o checkpoint de Qualqiya a pé, e coller un bus ata Xerusalem, un novo cara Belén, e outro “service” ata Hebrón. Toda unha tarde para 80 quilómetros de distancia entre dúas cidades palestinas.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (VIII)

15 de agosto de 2011

Vendo-as-cicatrices-de-Nablus

Vendo as cicatrices de Nablus con Yihad

A visita por Nablus non empezara. As rúas parecen sobrevivir dignamente á guerra, pero as feridas non están, nin moito menos, cicatrizadas. E iso que estamos no momento máis tranquilo dende o 2000. Monumentos e bélicas estampitas homenaxean aos mártires, mortos, en boa parte, nos ataques aéreos israelís da última década. Varios eran os procedementos das forzas ocupantes. Un gran cañón de luz verde, que nace no alto da colina, paséase toda noite alumeando as escuras casas, e na que paraba, era bombardeada. Os buldozers eran os outros protagonistas, que directamente pasaban por riba das casas, mesmo con persoas no interior, como aquela señora que estivo durante 3 sepultadas ata que o propio Yihad a liberou da escombreira. Tanques, avións e M-16 contra pedras.

Orteras-homenaxes-aos-martires-de-guerra-por-Balata

Horteras homenaxes aos martires de guerra por Balata

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (VII)

14 de agosto de 2011

Expedicion-costeira-na-cabana-da-liberdade-de-Sheik-Jarra-con-Rami.

Expedición costeira na cabana da liberdade de Sheik Jarra con Rami, á dereita. Cómpre un guía como el para ver a Xerusalem verdadeira

Voltamos a Xerusalem, para ver, a través dos ollos de Rami, todo o que se nos escapou nas excursións inocentes dos primeiros días. Rami traballa para unha das dúas organizacións que realizan rutas alternativos por Xerusalem Oeste e outros puntos da zona. As estreitas rúelas xa non son tan bonitas. Fainos patente as estratexias de ocupación israelí, casa por casa, en pleno corazón musulmán. A ocupación directa de casas cando os seus habitantes están traballando é unha das formas máis típicas. Os que o fan son considerados heroes, convertendo a chave nunha auténtica arma de resistencia como outras tan simples como a matrícula, manténdoo limpo da IS que simboliza aos coches israelís.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de bitácora (V)

Bombas-de-gas-contra-as-inocentes-demostracions-dos-palestinos-no-muro

As bombas de gas obrigan aos manifestantes a deixar a protesta dos venres no muro de Nillin

12 de agosto de 2011

Seguimos en loita, dirección Ni’lin. Espéranos Salah, e o muro. Hoxe é venres, e cada venres, tralo rezo do mediodía, en ducias de puntos do país, grupos de palestinos achéganse ao “seu” muro a modo de mobilización contra a ocupación. Un símbolo máis.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Palestina – Caderno de Bitácora (IV)

11 de agosto de 2011

equena-Manifestacion-de-boicot-a-Israel-en-Ramalla

Pequena manifestación de boicot a Israel en Ramallah

Chegada a Ramallah, capital de Cisjordania ou o West Bank, a “Ribeira oeste”, nome co que se coñece aos territorios palestinos, malia que o goberno israelí xa controla toda a marxe do río Jordán e a costa do Mar Negro. A paisaxe cambia. Xa non hai muller sen pano na cabeza, facendo que os seus fermosos ollos rodeados de lapis negro e as súas redondas facianas brillen máis. As yilabas se reproducen a pesar de que estamos na cidade máis moderna de Palestina. A mocidade amosa a cara máis macarra, o tunning arrasa, ao igual que o Madrid e o Barça, que invaden ata a decoración dos autobuses. Ninguén coñece ao Deportivo… Seguir lendo