Londres

Ana

Ana

Vivir en Londres. 10 cousas que facer gratis en Londres

Vivir en Londres National GalleryDicen por aí que as mellores cousas da vida son gratis e eu creo que é certo, pero para min vivir en Londres é unha das mellores cousas que che poden pasar na vida e eso… non é precisamente gratis. A vida en Londres é bastante cara e turistear pola cidade visitando os principais puntos de interese pode deixar o teu peto bastante tocado. Pero hai un montón de alternativas gratuítas para os que queren vivir por uns días coma os auténticos londoners. Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: o barrio de Brixton

Brixton marketBrixton é un deses barrios que están no centro de Londres pero que en canto o pisas, parece que te trasladaches a outro país ou continente. Está na ribeira sur do río, e é famoso polos seus disturbios, polos conflictos raciais e por ser unha zona na que mellor non pisar a finais dos 80. Sempre foi unha zona cunha situación socio-económica bastante complicada e hoxe en día, aínda se sinten de fondo as marcas do seu pasado, pero a súa imaxe está á alza, por iso na túa próxima visita a Londres tes que ir alá. Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: un paseo por Camden

Ambiente en Camden

Flaco favor nos fai a globalización no que a mercados na rúa se refire, e o Camden Lock Market (en Londres) tampouco se escapa a esta uniformización. Pouco queda do gótico, punk ou alternativo e rompedor que caracterizaba esta área alá polos anos anos 80 ou 90. Pero ainda así é unha das visitas imprescindibles na cidade. Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: Aziziye Camii Mosque, Stoke Newington

Mesquita de Aziziye en Londres

Érase unha vez unha mesquita, un supermercado e un restaurante; todo nun único edificio. Este edificio é a mesquita Aziziye, que destaca no entorno no que se atopa: unha rúa dun “típico” barrio de Londres (se é que algún barrio en Londres se pode definir como “típico”). Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres, de compras

London_eye

Este é un artigo sobre Londres, pero tamén sobre compañeiros de viaxe. Como a maior parte das miñas historias, a viaxe empeza en Galicia, concretamente nunha cancha de baloncesto, unha noite de setembro e en Pontevedra. Ese é o recordo máis antigo que compartimos, eran os primeiros días dunha nova vida para nós (2002), e dende a nocturnidade dese momento, acompañámonos nunha viaxe común que dura máis de dez anos. Seguir lendo