Oporto

Unha fin de semana en Oporto

Existen enclaves que parecen que están pensados para que o visitante poida descubrilos en tan só unha fin de semana. Ben é certo que en moitos casos haberá que voltar a eles novamente e varias veces para deixarse envolver para profundizar na súa esencia, pero para iso teremos que decidir se o lugar merece unha segunda oportunidade. No caso de Oporto considero que se cumplen as dúas premisas, realmente pódese coñecer o máis importante nunha fin de semana pero ben paga a pena repetir visita, sobre todo tendo en conta a proximidade con Galicia e os elementos que a continuación se describen. Convencereivos?

Seguir lendo

Mar

Mar

Mar

Mar

Porto, un tesouro I

PortoPara contarvos a miña última e xenial estadía en Porto, vinte post e 10.000 palabras non me chegarían. A miña primeira impresión da cidade foi gris, totalmente gris; quizais motivada porque tiña 17 anos e dúas horas para paseala. Pero Porto é unha cidade que me foi gañando aos pouquiños. Dende os 17 ata hoxe, tres ou catro veces camiñei polas súas rúas, descubrindo recunchos, empapándome desa luz especial, desa cidade máxica. A última, que non derradeira, esta ponte de Santos.

Seguir lendo

Oporto, cidade máxica

Poucas cidades no mundo vin máis románticas que Oporto, nin sequera Venecia ou Paris poden comparárselle. O seu aire mestizo, entre o decadente e o intelectual, fan de Oporto unha cidade cálida e amable. Callejuelas gobernadas por lastros húmidos, beirarrúas sombreadas entre edificios coloniais de cor legume a medio derrubar, balconadas gobernadas por roupa colgante ao secar do vento. Viaxar polas rúas de Oporto é facelo polo interior dun mesmo. Considerado Patrimonio da Humanidade dende os anos oitenta, deixa mostra de ser unha cidade monumental. Lémbrame moito á Habana, nese desfile de edificios enormes semiruinosos entre rúas de piso de pedra. Impresionante a Avenida Dous Aliados (recentemente rehabilitada), con ese toque señorial que é resgardado polos edificios coloniais mais bonitos da cidade.

Seguir lendo