Madeira

Tocamos Madeira | De Câmara de Lobos a Porto Moniz

Camara de Lobos 2

Câmara de Lobos

A illa de Madeira (Portugal) foi o destino escollido para pasar unha semana de vacacións no mes de xullo. Recomendable? Si, pero cómpre ler os posts que vou compartir no blog. A favor, Madeira é un paraíso natural que paga a pena coñecer e percorrer. En contra, que non vos estrañe se ao chegar vos collen polos nocellos para ver que cae.

Descartada a opción de alugar un coche para coñecer a illa –moi recomendable se podedes planificar a viaxe con tempo–, decidimos organizar a semana no mostrador de recepción do hotel. A viaxe foi de menos a máis. A primeira xornada consistiu nunha carreira contra a furgoneta que nos levaría a coñecer boa parte de Madeira.

Seguir lendo

A historia do xardín botánico de Madeira

O xardín botánico de Madeira ten máis de 2000 plantas que o enche de contrastadas cores e de  armoniosas formas

A illa portuguesa de Madeira é, en si mesma, un aunténtico xardín. Aquí están presentes todas cores que un pintor poida ter na súa paleta. Nembargantes, no medio de Funchal érguese un xardín botánico converténdose nun importante punto turístico da cidade. Está situado cerca da Quinta do Bom Sucesso dende onde se poden observar unhas fermosas vistas da cidade portuguesa.

Seguir lendo

Madeira, a illa verde portuguesa

As casas coas fachadas triangulares son típicas de Santana

A illa da Madeira é recomendable para todos aqueles que non queren ter tempo para o aburrimento, para os amantes da natureza e, sobre todo, para os que lles guste comer. Imos ver as visitas obrigadas que hai que facer en Madeira ainda que illa verde portuguesa é moito máis que isto… é onde naceu o famoso futbolista Cristiano Ronaldo.

Seguir lendo