Portugal

Tocamos Madeira | De Câmara de Lobos a Porto Moniz

Camara de Lobos 2

Câmara de Lobos

A illa de Madeira (Portugal) foi o destino escollido para pasar unha semana de vacacións no mes de xullo. Recomendable? Si, pero cómpre ler os posts que vou compartir no blog. A favor, Madeira é un paraíso natural que paga a pena coñecer e percorrer. En contra, que non vos estrañe se ao chegar vos collen polos nocellos para ver que cae.

Descartada a opción de alugar un coche para coñecer a illa –moi recomendable se podedes planificar a viaxe con tempo–, decidimos organizar a semana no mostrador de recepción do hotel. A viaxe foi de menos a máis. A primeira xornada consistiu nunha carreira contra a furgoneta que nos levaría a coñecer boa parte de Madeira.

Seguir lendo

Açores é nome de paxaro

sete-cidadesPara aqueles que adoran pasar nun mesmo día por diferentes estados de ánimo, non hai mellor lugar que as Illas Açores. Din os das illas que nun só día pasas polas catro estacións: verán, inverno, outono e primavera, e non é para menos, xa que dependendo da hora do día ou da parte da illa na que te atopes, vas suar o que non está escrito, vas pasar frío e sentir un lixeiro picor na gorxa, vas estar moi tranquiliño pensando que o tempo quedará así e vas correr para a taberna máis próxima a refuxiarte das choivas tropicais. Seguir lendo

Hora e media separa a A Coruña de Lisboa

Avión no que volamos a Lisboa

Nos meses previos á viaxe a Lisboa cada vez que conversaba do tema con alguén sucedíanse as dúas mesmas preguntas: “E como vas ir?”, é á resposta “En avión” a seguinte cuestión era: “¿Pero fas escala?”. Pois non, é posible viaxar desde A Coruña ata a capital lusa en voo directo. Como? A través da aerolínea portuguesa TAP.

Seguir lendo

Fin de semana | “A tirolina máis grande do mundo”

phoca_thumb_l_fantasticable4

Fantasticable. Foto penaaventura.com.pt

Hai tempo que os que compartimos o Espacio Nido queremos probar “a tirolina máis grande do mundo”. Si, estou escribindo un post sobre un sitio que aínda non visitei pero se nós non nos decidimos por que vos vou impedir a vós gozar da experencia.

O “Fantasticable” é o servizo estrela do parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena, Portugal. Un espazo “adicado a actividades recreativas e deportes de aventura na natureza”. Coidado con seguir lendo porque quereredes imitarnos.

Seguir lendo