Polonia

Toruń, a xoia do gótico Báltico

O casco antigo de Toruń combina casas de ladrillo vermello e fachadas barrocas

Dáme un pouco de apuro escribir sobre Polonia tendo en conta que o noso compañeiro Ubi é un gran coñecedor do país e Tugui tamén a visitou en varias ocasións, de feito podedes reler os seus post no blog sobre Poznan, Wroclaw, Cracovia, Gniezno, os lagos de Mazura, Lublin e os parques nacionais de Białowieża e Bieszczade, e outros nos que falan explicitamente da historia, relixión, identidade e gastronomía polaca.

Eu achegareivos a Toruń, cidade á que viaxamos para visitar a unha amiga que estaba estudando alí. Foi un febreiro de hai algúns anos e confesareivos que o frío é unha das cousas que máis recordamos desa viaxe (algunha tarde/noite houbo -23 graos). Pero non só iso lembro da cidade, porque Toruń garda un dos conxuntos góticos mellor conservados de Polonia.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Polonia-Rumanía (V): O Parque Nacional de Bieszczade

  • Vén de: Polonia-Rumanía (IV): Lublin, ou estudando no este polaco.
Impresionante o Parque Natural de Bieszczade, no sur este de Polonia

Impresionante o Parque Natural de Bieszczade, no sur este de Polonia

Seguimos pedaleando cara o sur polo este polaco, e tras pasar pola vila de Rzeszow, pasamos un par de días tranquilos en Strzyzów, na casa da nosa amiga Asia (Axa diríase en galego, sendo un dos nomes máis típicos de Polonia vindo de Joanna). Aproveitamos para poñer a punto as bicis, sobre todo Göry, que durante os últimos días tivera un percance e necesitaba mesmo dun soplete, si…

Menos mal que os polacos son xente apañada, e un curmán de Asia, soldador, fixo un apaño que aínda permite que Göri percorra as rúas da Coruña como unha tigresa.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Polonia-Rumanía (IV): Lublin, ou estudando no este polaco

Plaza Lublin-Polonia

Praciña encantadora en Lublin

Seguimos percorrendo o este polaco de norte a sur, con algún que outro problema co vento, pero moita calma. Xa levamos moitos quilómetros por zona ortodoxa, con esas cruces e capeliñas por todas partes, e as “discretas” igrexas nos arrabaldes das vilas.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Ubi

Ubi

Polonia – Rumanía (III): En bici polos lagos de Mazura

En Bici polos lagos de Mazura-Polonia

En Bici polos lagos de Mazura, Polonia


Ao día seguiste collemos un tren (o único da viaxe agás a eterna volta en bus e camión dende Rumanía que contaremos…) cara Olsztyn, unha das portas da “Terra dos 1000 lagos”, Mazura (Masuria en galego). Unha zona na que a natureza é a protagonista con, en realidade máis de 3000 lagos interconectados entre si por ríos navegables, arroios e canles.
Picnic-ciclista-no-este-polaco

Vaia luxo disfrutar do picnic biclista polo este polaco


Seguir lendo