Outros

Relax, comer e… wifi

Nestes tres “praceres” resúmense as necesidades do viaxeiro rural. Segundo un recente estudo do Observatorio de Turismo Rural, os aspectos que máis valora o viaxeiro actual á hora de tomar a decisión de hospedarse nunha casa de turismo rural son: as instalacións destinadas ao relax, un servizo de comidas e a conexión wifi. Como corresponden a estas demandas os establecementos turísticos? Imos ver que asignaturas aproban e cales suspeden.

Seguir lendo

Preparando a maleta e o botiquín

Os que me coñecen ben, saben que ultimamente me preocupa este tema dos productos farmaceúticos. Enlazando esta nova preocupación coas viaxes, percateime de que na miña experiencia de viaxeira case sempre tiven algún percance (de pouca importancia) que me obrigou a buscar unha farmacia de garda. E a ti, tamén che pasou algunha vez? Pois imos aprender a facer o botiquín de viaxe. Seguir lendo

Ubi

Ubi

Bicicleting

Bicicleting

Non sei se vos pasa, pero eu cando vexo un biciclista ben armado con alforxas, a tenda de campaña… teño unha envexa de primeira. Bótanse de menos esas viaxes cos amigos percorrendo o Camiño de Santiago, a Bretaña francesa ou atravesando Europa dende Polonia ata Rumanía. Viaxes que me gustaría recuperar en EQM pero dos que apenas teño documento gráficos… eran outros tempos…

Seguir lendo

Os lugares máis sucios dunha habitación de hotel

Unha habitación de hotel é escenario dun sinfín de anécdotas

Nada máis entrar pola porta da habitación dun hotel véñenme á cabeza un sinfín de preguntas: Quen estivo aquí a noite anterior? Que anécdotas garda este habitáculo? I é que as habitacións dos hoteis son escenarios de feitos tan sorprendentes como o alumbramento dunha criatura, tal e como ocorreu recentemente nun recoñecido hotel da Costa da Morte; o Hotel Insua de Cee. E outra das miñas cuestións é: cales son os obxectos máis sucios da habitación? Se ti tamén eres obseso coa limpeza, sigue lendo.

Seguir lendo

Ana

Ana

Facer a maleta e irse

Como facer maletas

Este non é o primeiro artigo de Equipaxe de man no que falamos sobre equipaxe, xa Vicky compartiu fai uns meses os seus trucos para facer a maleta. Pero aquí eu tamén teño algo que dicir, porque hai temporadas que me da a sensación de que me paso a vida facendo maletas. Todo empezou na universidade e despois as sucesivas mudanzas (literalmente recorrendo Galicia de punta a punta case cada fin de semana). Seguir lendo