Italia

Génova, a cidade vertical

Biosfera

Na Biosfera viven especies animais e vexetais amezadas pola explotación do home

Durante máis de seis séculos Génova foi unha das grandes potencias do Mediterráneo, sen embargo agora semella sumida nunha profunda decadencia. Destaca o seu porto, que dende os anos noventa foi renovado e na actualidade converteuse en centro turístico grazas ao Museo del Mare, a Biosfera e o acuario -o segundo máis grande de Europa-. Tamén no porto, atópase o Faro Lanterna, símbolo dun dos maiores pobos navegantes que sempre se identificou co mar e o comercio.

Seguir lendo

Cinque Terre: cinco pobos encantadores á beira do mar

Riomaggiore

Riomaggiore, un dos cinco pobos que integran a Cinque Terre

A medio camiño entre Génova e Pisa xorden na costa italiana cinco pequenos pobos colgados no mar con casas de cores coñecidos como Cinque Terre (Cinco Terras). Monterosso al Mare, Vernazza, Corniglia, Manarola e Riomaggiore son os nomes que reciben estas marabillas que aparecen rodeadas de bancais de viñedos e bañadas por un brillante Mediterráneo.

Seguir lendo

Pompei, a cidade enterrada polo Vesubio

pompeia

Benvidos a Pompeia, iniciamos a ruta por este xacemento arqueolóxico

Erguido sobre Nápoles imponse o Vesubio; o único volcán activo a día de hoxe e que ten nin máis nin menos de 1.281 metros de altitude. Un 24 de agosto do ano 79 unha violenta erupción sepultou unha gran cidade: Pompeia (ou Pompei para os italianos) deixándoa completamente tinguida dunha cor grisácea. Hoxe este é un espazo de visita obrigada para miles e miles de turistas. Viaxamos ata ela.

Seguir lendo

Roma, a cidade eterna (II)

Vistas de Roma dende a terraza da cúpula de San Pedro

Como xa vos contaba no anterior post, a grandeza de Roma percíbese en cada paso que percorremos. En cada esquina ocúltase unha fonte ou monumento, con templos para todos os gustos e tesouros agochados ata na igrexa máis insignificante. O Coliseo, o Foro Romano, o monumento a Vittorio Emanuele II, o Panteón, a Piazza Navona, a Fontana di Trevi e a Piazza di Spagna son algúns dos marabillosos lugares dos que vos falei na primeira entrada dedicada a Roma, pero non son menos espectaculares os que imos percorrer no post que nos ocupa.

Seguir lendo

Roma, a cidade eterna (I)

O Arco de Constantino foi construído a partir de pezas de edificios anteriores

Din dela que non basta unha vida para coñecela e a min non me chegan uns cantos posts para falarvos dela, pero iremos pouco a pouco. A diferenza doutros lugares, non se coñece nunha fin de semana. A vella e monumental Roma é desas cidades que non pasan desapercibidas, non só pola grandeza e maxestosidade das súas edificacións, senón por toda a historia acumulada que conserva dun xeito excepcional. Estamos ante unha cidade incrible polo que é na actualidade e polo que foi no pasado. Non é necesario fantasiar moito para imaxinar moitos dos acontecementos e escenarios que marcaron o devir da humanidade.

Seguir lendo