Terras de Santiago

Fin de semana | Casa Felisa

casa felisa

Xa confesei nalgún post o defecto que impide que me dean o título de viaxeiro: aquilo de atopar un certo pracer en repetir praia ou restaurante unha e outra vez. Pero teño a sorte de estar no medio dun grupo de blogueiros inconformistas acostumados a propoñer cando viaxan comigo. Hai uns días percorrín Santiago acompañado dunha das blogueiras de Equipaxe de man aprendendo unha chea de cousas que pode que algún día comparta. Chegou o momento da comida e atrevinme a suxerir un par de repetitivos e aburridos restaurantes; a resposta foi contundente: “imos a Casa Felisa”.

Seguir lendo

O proxecto Certo promociona os tres Itinerarios Culturais de peregrinación por antonomasia

Hai menos dunha semana, as tres rutas de turismo cultural de Europa por antonomasia: o Camiño de Santiago, a Ruta de San Olaf e a Vía Francígena, confluiron na localidade noruega de Trondheim. A cita enmarcouse no proxecto Certo, o coordinador dos Camiños de Europa, e serviu para pór en valor os tres camiños e intercambiar experiencias individuais e comúns tanto no ámbito cultural como turístico relacionadas con ditas rutas e os territorios que atravesan. Seguir lendo

Mar

Mar