Rías Baixas

Durmir entre árbores en Outes

Outes

As Cabanas do Barranco atópanse no concello coruñés de Outes. Imaxes extraídas da web Cabanas do Barranco

Ben de seguro que algún de vós soñastes de pequenos con ter a mítica casiña da árbore que coñeciades por debuxos ou películas. Se vos quedou esa espiña cravada non fai falta marchar moi lonxe para poder durmir nunha cabana no bosque. Aí ao ladiño, en Outes, dispoñedes de oito cabanas de madeira levantadas entre as ramas das árbores: as Cabanas do Barranco.

Seguir lendo

Mar

Mar

Budiño de Serraseca: un sitio para agocharse en Semana Santa

Budiño de SerrasecaAcendo o coche, destino ao repouso. Un quilómetro, outro, e outro despois; van marchando á velocidade dos meus pensamentos. E así, rápido, na volta dunha man, un camiño estreito, valados de pedra, unha pista de terra e, de repente… unha casa de pedra moi preto do río Broi, encaixada nun val cheo de verdes, de humidade, de segredos, de paz, de fin do mundo preto de todo. E tan preto! Budiño de Serraseca é unha casa de turismo rural en Viladesuso, no concello de Oia, entre Baiona e A Guarda, a tiro de pedra de Vigo e do país veciño.

Seguir lendo

Fin de semana | Gálgala, restaurante vexetariano en Vigo

galgala

A próxima vez que vos toque escoller sitio para cear en Vigo, non o dubidedes: Gálgala. Apto para vexetarianos fartos de tortillas e ensaladas 3 delicias –Ubi inventou este concepto despois de probar máis de 1.000 ensaladas por toda Galicia a base de leituga, tomate e cebola–, ou para calquera que se atreva a descubrir unha cociña “imaxinativa, multicultural e inesperada”.

Seguir lendo

Nadal 2014 en Vigo

Nadal_Vigo

Non sei se me gusta o Nadal ou non. Supoño que si: a familia, as enchentas, os regalos… Pero tamén gardo recordos de todo tipo destas datas. E anóxame esa rutina que nos leva ao Corte Inglés xusto despois de que prendan as luces.

Vigo acendía este luns as luces de Nadal. Ata o día de Reis podedes vivir as festas patinando nunha pista de xeo ou percorrendo os mercados de Nadal nos que comprar regalos que non atoparedes nos centros comerciais. Seguir lendo

Imos de ruta por Arousa Norte…

Ría de Arousa dende o mirador da Curota

Isto faise así: Teño un par de días libres e non quero ir moi lonxe. Elixo unha zona que non coñeza onde haxa un bo puñado de lugares visitables. Obxectivo: Desconectar, comer ben e disfrutar da paisaxe. Decisión final: O Barbanza e máis concretamente, a costa norte da Ría Arousa: ArousaNorte. Boto un ollo ás recomendación de Vicky aquí e Ubi aquí e arranco.

Seguir lendo