Rías Altas

Excursión polas Rías Altas II: de Bares a Ortegal

Estaca de Bares

Muíños hidráulicos encadenados en Estaca de Bares

No anterior post percorremos Ribadeo e arredores e desta volta moverémonos pola zona de Bares e Ortegal. O porto do Barqueiro, Estaca de Bares, Cariño e o cabo Ortegal serán as nosas paradas neste percorrido polas Rías Altas galegas. Seguir lendo

Excursión polas Rías Altas I: Ribadeo

Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais so pode percorrerse nas horas de baixamar

As coñecidas Rías Altas abarcan toda a costa de Lugo e a parte norte e noroeste da provincia da Coruña. Nalgúns lugares inclúen nesta denominación o espazo que vai dende A Coruña ata Ribadeo, e dende a cidade herculina ata Fisterra –o que ven sendo a Costa da Morte-. Eu ocupareime ao longo de varios posts da primeira zona, xa que son as Rías Altas propiamente ditas, para percorrela dando pequenos saltos. Vai ser unha ruta por este tramo da costa galega na que non van faltar faros, cabos, natureza, acantilados e sobre todo praias, dende grandes areais a pequenas calas. Seguir lendo

Ubi

Ubi

Detrás do temporal

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto-Rubén Prieto de SurfCostadaMorte

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto- rubenprieto.com

Cada día, vemos como as novas relacionadas coa información meteorolóxica cobran máis e máis interese. Comprobámolo coa de minutos que medrou a sección do Tempo no Telediario (Pemán despachábao nun par de minutos coma ninguén), co nacemento de novas webs tremendamente actualizadas como 4gotas.com, ou facéndonos habituais a termos como “Cicloxénese explosiva”, que ben Mario Rodríguez nos explica en que consiste. Cantos sabemos de súpeto interpretar os mapas de isobaras?!

Seguir lendo

Ubi

Ubi

De Castelos e praias por Ferrolterra

Praia-de-San-Xurxo-en-Ferrolterra

Unha rosa na praia de San Xurxo, en Ferrolterra

Hoxe collemos unha sesión dominical con sol, e arrincamos cara Ferrolterra, para facermos unha parada cultural, un agradable picnic e a disfrutar do solete. Pero ollo ca néboa, que por estas zonas entra, cómete e nin te enteras…

Seguir lendo