Contan os blogs de turismo que nas afastadas terras da Ribeira Sacra existe a posibilidade de desfrutar do noso patrimonio natural e cultural acompañados dos nosos cans. Despois de que Lena insistira unha e outra vez partimos rumbo ao Incio na busca do Comando G. Armados cun bocadillo para 2 e unha botella de auga fomos ao encontro de Arwen, Paloma, G, Garimba, Solo, Haiku, Lola e Paula.
Ancares – Caurel
Piornedo, o corazón dos Ancares
Levaba moito tempo querendo coñecer os Ancares e a primeira toma de contacto con esta zona da montaña lucense foi seguramente na aldea máis coñecida da zona, Piornedo, na que comprobamos como vivían tradicionalmente os seus habitantes.
The password is “Reboleira”
Chegou a Semana Santa sen avisar con tempo e tocou escapar co compañeiro de sempre ao sitio de moitas veces. “Tendo en conta as datas haberá que reservar non? Chamo a algún sitio?”… “Confía!”. O Xoves Santo pola mañá adicamos unha hora a confirmar que non somos os únicos aos que lles presta visitar o Caurel. E foi mellor así. Xa reservaramos no Pontón e en Casa Veva; só quedaba dar, por casualidade, co Albergue A Reboleira en Fonfría, Pedrafita do Cebreiro.
Fin de semana | O restaurante Cantábrico na Fonsagrada
Vivindo moi cerca de A Fonsagrada, nunca os pes tiña posto pola vila da fonte sacra. Aproveitando que había moitas boas novas que celebrar, fixemos unha escapada gastronómica ao restaurante Cantábrico no pasado mes de agosto.
Seguir lendo
Fin de semana no Hotel Pontes de Gatín, Os Ancares
Se falamos de fronteiras xeográficas, os Ancares encarnan unha das máis claras mostras de como unha paisaxe pode determinar a diferencia entre dúas terras, dúas personalidades, dous climas, a de Galicia, e a de León.
En Equipaxe de man estamos a celebrar os 2 anos de vida convidándovos a pasar unha noite no Hotel Pontes do Gatin, nos Ancares. Só tedes que dicirnos aquí, con que sitio da zona vos quedades. Seguir lendo
O outono invita a adentrarse na serra dos teitos de pizarra, O Courel
Cando no seu último post o compañeiro David escribiu sobre “Sitios sen carta e café de pota“, ou o que é o mesmo, Casa Veva, levei unha enorme sorpresa porque coñezo a Veva e a Carlos dende hai anos a través duns tíos meus que me revelaron o segredo da existencia deste “refuxio gastronómico” que alimenta o espíritu e espanta o mal humor.