Bretaña Francesa

A Bretaña francesa II: Saint Malo

Saint Malo é tal vez a cidade mais fermosa da costa bretoa. FOTO extraída de Travel Republic

Puxemos un pé no interior da Bretaña francesa hai unhas semanas a través de Rennes e desta volta imos coñecer unha pequena cidade da “terra asomada ao mar, ou como dicían os bretóns Armor. Trátase de Saint Malo, tal vez a cidade máis fermosa da costa bretoa e tamén unha das máis visitadas.

Seguir lendo

A Bretaña francesa I: Rennes

A Place Sainte-Anne e as súas tradicionais casas de madeira

Terra de celtas, druídas, e máis tarde escenario das lendas medievais dos cabaleiros da Táboa Redonda, a Bretaña francesa ofrece un viaxe pola xeografía de lugares fantásticos. Situada na parte noroccidental de Francia, continúa sendo unha rexión cunha cultura que se mantén orgullosamente ligada aos orixes celtas.

Armor -en bretón, “terra asomada ao mar”- é a Bretaña costeira, rocosa, varrida polo vento e as olas. Unha Bretaña moi distinta a Argoat -“terra de bosques”-, característica polos seus prados e suaves outeiros. Nesta ocasión viaxaremos cara o interior, onde está Rennes, capital e única cidade grande de Bretaña. Esperta e activa, o seu importante núcleo universitario atrae a presenza de moitos rapaces, ao mesmo tempo que as manifestacións artísticas e culturais supoñen un motivo de atracción para numerosos visitantes, que atopan en Rennes un animado foco cultural.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

En bici pola Bretaña francesa

Imaxe do fermoso e transitable Sendeiro dos Aduaneiros- Foto-Palmira para foropiedrasobreiedra

Imaxe do fermoso e transitable Sendeiro dos Aduaneiros- Foto-Palmira para foropiedrasobreiedra

En tren é un pracer viaxar. Pero a bici ten a velocidade perfecta. Non vas tan rápido coma un coche, nin tanta a modo como a pé. Disfrutas da paisaxe, paras cando queiras (e cando necesites) e podes chegar a percorrer case 100 km diarios. Cómpre escoller unha zona concreta, e non querer velo todo. O que vexas, vas velo ben.

Seguir lendo