Francia

A Pyla de area

“Víchedes a duna de Caños de Meca? É a máis grande de Europa despois dunha alemá”. Inventou Paco. Este home, natural de Vejer, tamén afirma que os barros que se forman entre a auga doce dos canos (que dan nome ao lugar) e a rocha dos cantís “son augas residuais”. Non é momento de discutir o segundo, agora toca confesar que fun eu a que me levei as dunas de Caños de Meca nas miñas alpargatas, seguramente por iso agora é a Duna de Pyla (Francia) a máis grande de Europa. Ai! Paquiño, Paquiño… Seguir lendo

Un castelo de conto: Mont Saint Michel

A baía Mont Saint Michel está dominada pola espectacular abadía fortificada que recibe o mesmo nome

Normandía asómase ao Canal da Mancha por unha fronte costeira de más de 600 quilómetros, caracterizada pola súa alternancia entre zonas de praias e altos acantilados. Ao suroeste desta zona ábrese a baía de Mont Saint Michel, dominada por unha espectacular abadía fortificada que, dependendo da marea, está unida pola area ou completamente illada de terra firme. Coñecido como unha das marabillas do occidente europeo, o monte preséntasenos como unha inesquecible visión de fábula que non vos podedes perder.

Seguir lendo

A Bretaña francesa II: Saint Malo

Saint Malo é tal vez a cidade mais fermosa da costa bretoa. FOTO extraída de Travel Republic

Puxemos un pé no interior da Bretaña francesa hai unhas semanas a través de Rennes e desta volta imos coñecer unha pequena cidade da “terra asomada ao mar, ou como dicían os bretóns Armor. Trátase de Saint Malo, tal vez a cidade máis fermosa da costa bretoa e tamén unha das máis visitadas.

Seguir lendo

A Bretaña francesa I: Rennes

A Place Sainte-Anne e as súas tradicionais casas de madeira

Terra de celtas, druídas, e máis tarde escenario das lendas medievais dos cabaleiros da Táboa Redonda, a Bretaña francesa ofrece un viaxe pola xeografía de lugares fantásticos. Situada na parte noroccidental de Francia, continúa sendo unha rexión cunha cultura que se mantén orgullosamente ligada aos orixes celtas.

Armor -en bretón, “terra asomada ao mar”- é a Bretaña costeira, rocosa, varrida polo vento e as olas. Unha Bretaña moi distinta a Argoat -“terra de bosques”-, característica polos seus prados e suaves outeiros. Nesta ocasión viaxaremos cara o interior, onde está Rennes, capital e única cidade grande de Bretaña. Esperta e activa, o seu importante núcleo universitario atrae a presenza de moitos rapaces, ao mesmo tempo que as manifestacións artísticas e culturais supoñen un motivo de atracción para numerosos visitantes, que atopan en Rennes un animado foco cultural.

Seguir lendo

Para ser conductor de primeira únete a blablacar

Dende que me mudei novamente á capital recorro á compaixón dalgúns amigos con coche para as miñas escasas visitas ao fogar familiar. Deste modo fun perfeccionando o rol da eterna copiloto que non cala en toda a viaxe. En numerosas ocasións tamén me toca desprazarme en tren ou autobús e é precisamente neses momentos cando se desperdicia o meu “verborréico” don. Pero atopéi a solución. Como é posible que alguén como eu aínda non probase o blablacar? Seguir lendo