Filipinas

Filipinas, illas de Corón e El Nido

Filipinas foi o meu desitino elixido para ir o pasado novembro a pasar perto dun mes de vacacións, aproveitando esa tempada de calma sen choivas e tifóns nas illas.

A entrada ó país foi a través do aeroporto de Manila, do que en canto puidemos, tratamos de escapar. Esquivando as paredes empapeladas co esologan nacional “It’s more fun in the Philippines”, os metros onde os gardas de seguridade empurran ata que que todos están dentro, rúas ateigadas de jeepneys, e o sol abrasador que che deixa ata feridas na pel, por fin fomos quen de deixar atrás esta cidade, que será obxecto doutro post diferente. Seguir lendo