Nova York

Ubi

Ubi

Wall Street vs Chinatown

Wall St Edificios novos e vellos

Edificios novos e vellos conviven en Wall St.

Unha vez que temos percorrido a zona de Chelsea nun completo día pola Gran Mazá, temos tomado un brunch cos hispters de Williamsburg, despois de bailar na misa de Harlem, e antes de montarnos no obrigatorio e gratuito Ferry a Staten Island, tócanos disfrutar dun dos lugares con máis contrastes de todo NYC. Seguir lendo

Ubi

Ubi

O skyline de NYC dende o Ferry de Staten Island

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island, unha das imaxes máis grabadas da viaxe a NYC

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island

Intentamos xuntar actividades para cubrir 10 cousas gratis en NYC. Pero non é doado… Moito máis que pasear polos fantásticos parques…. Pero si que hai unha visita, e das que máis me impresionaron, completamente de balde. É a viaxe no Ferry a Staten Island, xa un dos clásicos de toda guía decente.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Hey man – Amen: Unha misa gospel en Harlem

Misa Gospel na First Corinthian Baptist Church FCBC-Harlem-NY

Misa Gospel na First Corinthian Baptist Church FCBC-Harlem-NY

Menuda pasada. Se vivo en Harlem sería baptista seguro. Eu que son máis ateo que dios, con tantas apertas, biquiños, saúdos agarimosos, bailes… Seguro que non me podería conter e acodiría como un acólito máis cada domingo á Igrexa. Seguir lendo

Ubi

Ubi

De brunch por Brooklyn, o barrio hipster de New York

Bedford Ave-Brooklyn-New York

Bedford Ave, a arteria de Williamsburg, o barrio hipster de Brooklyn

Manhattan hai que velo e patealo ben. Aínda que só sexa para dicir aquelo de “mira, aí estiven eu”, cando vexas as centos de películas (tantos as auténticas de Woody Allen como as malas de #Antena3alastresymedia) que se rodaron no centro económico mundial. Pero New York City ten moito máis. E neste caso comezamos por Brooklyn (BR), o barrio que se está comendo o máis cool de la city. Seguir lendo