Brasil

O entroido de Río de Janeiro – Brasil

Carnival_in_Rio_de_JaneiroNestas alturas do ano xa andamos pensando nas filloas e nas orellas do entroido galego que nos leva sempre a procura do disfraz mais quentiño para estas temperaturas do ano.

O ano pasado decidinme a cambiar os plans, buscar un sitio con máis calor e con disfraces diferentes, así que collín un voo dirección ao entroido máis famoso no mundo: O Carnaval de Río de Janeiro (Brasil). Seguir lendo

Sonría, que está na Bahía!

Michael Jackson grabou o video con Olodum na praza do Pelourinho

Lucía é unha desas viaxeiras que en menos de nada prepara a súa mochila para coller rumbo a calquera destino. Fai uns días foise de vacacións a Bahía, unha cidade brasileira que estes días está de moda xa que é unha das sedes do Mundial 2014. Imos con ela ata aló.

Seguir lendo

Morriña de Santos

Café PaulistaSó fun unha vez a Santos (Brasil) pero hai unha parte de min que vive permanentemente alí, a que leva o apelido Rodríguez. Aínda que nin esa, nin outra parte, saiban falar portugués. Brasil foi destino de ida, sen billete de volta, para moitos galegos, cando aínda se viaxaba en barco cunha pequena maleta de coiro, e “os meus” elixiron esta fermosa cidade. Eu coñecina con nove anos, o verán que os meus pais decidiron regalarme (e auto regalarse) unhas vacacións pola miña primeira comuñón pero, malia a idade, poucas lembranzas e sentimentos se manteñen tan vivos como os desa viaxe. Seguir lendo