Alemaña

Mar

Mar

Mar

Mar

Munich en dez respostas (1)

MunichDesta volta, convidei á unha boa amiga que leva uns anos en Alemania a respondernos unhas preguntas acerca da cidade que xa hai máis de dous anos que a acolleu. É Lía. Hai nada gastabamos os veráns en Ons, comendo pipas e torrándonos ao sol; e, coma quen di, na volta dunha man, ou de quince anos, en vez de ao solciño da illa, está pelexando polo futuro no norte de Europa.

Seguir lendo

Revisitando Berlín

Torre da televisión

A Torre da televisión foi construída  en 1969 pola RDA, que a converteu nun símbolo da Alemania Oriental

Seino. Xa escribín en Equipaxe de Man sobre Berlín hai uns meses, pero aproveitando que se cumprían 50 anos da construción do muro e co bo recordo que gardabamos, decidimos regresar o pasado novembro. É unha cidade moi agradable co viaxeiro co seu ir e vir de bicis, a cervexa, as bratwurst, as súas encantadoras terrazas ao aire libre…

Seguir lendo

Berlín: a cidade do muro (II)

O mural dun Trabi esnaquizando o Muro é unha das imaxes máis coñecidas de Berlín

No anterior post fixemos un percorrido polo Berlín Occidental, e desta volta toca a zona Oriental. Comezamos no mesmo punto, na Porta de Brandeburgo, pero desta volta cara o este. Así, percorreremos a rúa Unter den Linden (Baixo os tilos) que foi tradicionalmente un camiño de ferradura que unía a illa do río Spree e o coto de caza do Tiergarten e que na actualidade acolle as embaixadas de numerosos países.

Seguir lendo

Berlín: a cidade do Muro (I)

A caída do Muro de Berlín o 9 de novembro de 1989 foi vista como o fin da Guerra Fría

Visitar Berlín tentando manterse ao marxe da súa historia é imposible. A cada paso que damos atopamos algo relacionado co seu pasado nazi, a Segunda Guerra Mundial ou a Guerra Fría. Dúas décadas despois da caída do Muro, a arquitectura urbana, os seus cidadáns, o estilo dos bares e incluso os seus atractivos turísticos permiten distinguir as dúas partes, Este e Oeste, nas que estaba dividida a cidade.

Seguir lendo