Camiño dos Faros – 1ª Etapa: Malpica – Niñóns

malpica

Seguro que moitos de vós oistes xa falar do Camiño dos Faros, ese roteiro de sendeirismo que percorre a Costa da Morte desde Malpica ata Fisterra por camiños sempre acarón do mar.

Son 200 kilómetros que teñen o mar como principal protagonista e que se ve salpicado polos faros que ateigan a Costa da Morte, e polos seus principias puntos de interese.

mapa-malpica

A iniciativa nace da Asociación do Camiño dos Faros, que dun xeito desinteresado comeza a deseñar un roteiro moito máis pegado ó mar dos xa existentes, e ademáis se ocuparon de limpar o camiño de toxos e maleza para facernos a vida máis fácil.

Nós decidimos facer unha das 8 etapas nas que se divide o camiño, e como non? comezamos pola primeira, a que vai de Malpica á praia de Niñóns.

Segundo puidemos ler na web do Camiño dos Faros, esta primeira etapa é unha das máis curtiñas, só uns 22km! Non me imaxino como poderán ser as outras. Nesta etapa econtraríamos non só con que 22km non son para nada, pouquiños, se non que ademáis, camiñar á beira do mar nunha costa chea de acantilados non é nada sinxelo, e que teríamos que prepararnos coas nosas mellores roupas e botas de monte para andar a subir e baixar camiños, escalar por penedos e andar apartando algún que outro toxo.

Esta etapa ten unha duración dunhas 9.30h, pero nós, que non é que sexamos moi madrugadores, comezamos un chisco tarde, a iso das 12, e en pleno outubro, co que chegar a Niñóns antes de que se fixese denoite, non estaba moi garantido.

area-maior-malpica

Saímos do porto de Malpica en dirección Cabo de San Hadrián cun sol de xustiza que nos ía dando de frente, eso sí, para facer as vistas sobre as Illas Sisargas, se cabe, máis espectaculares. A medida que nos aproximábamos ó cabo, a vista das illas era máis nítida e máis cercana, ata que por fin se podía divisar perfectamente todos os seus recunchos, e mesmo os cormoráns que a sobrevoaban.

sisargas

No cabo, onde se atopa a igrexa de Santo Hadrián, hai un mirador desde onde podemos ter unhas vistas espectaculares tanto das Illas Sisargas como da vila de Malpica coas súas praias: a Maior e de Canido.

san-hadrian-malpica

Continuamos o noso camiño, con moita calma, aproveitando para tomar fotos, pararnos a ver cada recuncho, comer uns bocadillos, sen présa, ata que nos demos conta que case levábamos 4 horas de camiñata e aínda non chegáramos nen á metade do camiño, así que nos puxemos serios, e aceleramos un chisquiño o ritmo.

Unha vez chegados ó porto de Barizo, é cando a cousa se pon un pouco máis difícil e temos que comezar case case a escalar polas rochas para poder chegar a un alto do acantilado, para posteriorme baixar, volver a subir e así durante máis ou menos unha hora, ata chegar a Faro Nariga, unha construcción do recoñecido arquitecto César Portela.

barizo

barizo-2Aínda que o esta primeira etapa acaba en Niñóns, teño que confesar, moi ó meu pesar, que tiven que rematala en Punta Nariga, xa que se facía denoite e non tiña nin unha triste linterna para poder ver o resto do camiño, así que me queda pendente facer esos kilómetros finais.

IMG_1858 IMG_1868

Durante toda esta etapa nos acompañou unha panóramica espectacular, xa que se podía contemplar ben de perto as Illas Sisargas e desde diferentes perspectivas. Ademáis este roteiro non chega a tocar case nada a estrada, se non que se realiza case na súa totalidade por camiños case virxes, pegados ó mar, e con dificultade media-alta, diría que non apta para todos os públicos.

IMG_1839IMG_1845

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>