Cambio post por película I

nottinghillDespois de percorrer Nova York e París saltando de rodaxe en rodaxe, fixen unha pequena lista de películas que espertaron en min as ganas de viaxar, de coñecer un punto ou outro do planeta ou de descubrir o mundo en si mesmo.

Pola foto intuiredes que a primeira das películas e Nothing Hill, localizada no barrio do mesmo nome, en Londres. Algún dirá que non imaxina a Julia Roberts e a Hugh Grant nos Muíños do Folón e do Picón ou facendo unha ruta por Palestina pero, lembrades as normas do blog? Aquilo de “que cada un escriba o que queira, como queira e de onde máis lle apeteza”? A min gustoume! Debe ser a única comedia romántica que non minte na primeira das dúas palabras. E entráronme as ganas de coñecer o barrio, Portobello Road, de entrar nunha tenda de antigüedades, ou nunha de libros de viaxe… Porque si, a gravidade do post aumenta cando confeso que suspendín o exame que Ana nos fixo aos viaxeiros de menos de 30: non coñezo Londres.

amelieSei que vou contracorrente, que vai xerar polémica ou parecer que escribo por chamar a atención, que vou de cinéfilo entendido, pensade o que queirades, pero encantoume Amélie. Non, agora en serio, como en Combarro, aquí o prestixio está máis que xustificado. Se me dan unha idea para un filme que di “muller de infancia traumática que aos 22 anos descubre que o seu obxectivo na vida é arranxar a dos demais”, penso que non me sairía igual de ben que a Jean-Pièrre Jeunet. Neste caso si que tiven a sorte de visitar o Café des Deux Moulins, o Canal Saint-Martin, de percorrer moitas veces Montmartre ou de manter longas conversas nas escaleiras do Sacré Coueur.

atrapame_si_puedesVistes Atrápame si puedes? Teño pendente facerme membro do club de fans de Di Caprio: Orixe, O aviador, Gangs of New York, Infiltrados… e Atrápame si puedes. Coa suma Nothing Hill máis Leonardo Di Caprio estou acabando coa imaxe que tanto me custou construír en Equipaxe de man. Pero a película tiña que estar na lista. Non polas localizacións: dannos Los Ángeles por Miami e Quebec (Canadá) por Francia. Pero esperta as ganas de fuxir de algo ou de alguén saltando de país en país, de aventura en aventura.

No seguinte post deixaremos as paisaxes urbanas buscando outro tipo de lugares e de viaxes. Para crer o que nos din que é certo do mundo que non coñecemos, mellor descubrilo imaxinando que vivimos historias que cremos porque nos deu a gana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>