Buscando ao Doutor Mateo en Lastres, Asturias.

Lastres dende o Mirador de San Roque

Lastres dende o Mirador de San Roque

Lastres (ou Llastres) é unha vila mariñeira da costa asturiana pertencente ao concejo de Colunga. Ademáis da sua beleza paisaxística, carácter amable e praias inmensas, que hoxe en día sexa un lugar tan coñecido débese tamén a que foi escenario da popular serie Doutor Mateo (2011) baixo o nome de San Martín del Sella.

IMG_20150918_121010

O empuxe televisivo foi aproveitado para crear a Ruta del Doctor Mateo que percorre a pequena vila a través dos puntos nos que tiñan lugar as diferentes tramas da vida do doutor: a súa casa, a taberna, a panadería, a escola. Neste simpático mapa (que che dan na Oficina de Turismo) podes situarlos gracias ao canciño.

IMG_20151008_204703IMG_20150918_131701
Ademáis da mencionada ruta, non esquezades subir ata o Mirador de San Roque. Panorámica ideal da disposición das casas en pendente, rúas empedradas, escalinatas e praias.

IMG_20150918_121345

IMG_20150918_133029Hai que mencionar que Lastres obtivo o recoñecemento de Premio Príncipe de Asturias a Pueblo Ejemplar en 2010.

 

IMG_20150918_134834

A menos de dous quilómetros atópase Luces. Nesta aldea alzase o faro de Lastres á beira duns acantilados, escenario onde o doutor escapabase á pensar. Este foi o último faro construído en Asturias.

IMG_20150918_134727
Por último engadir que nesta vila tamén atoparedes códigos QR con audiguías en castelán e inglés.

IMG_20150918_124608

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>