Barcelona, cidade de contrastes

Por moitas veces que visites Barcelona, sempre che da a sensación de que che quedan rincóns por descubrir. A longa historia desta cidade e o seu rango de capital de Cataluña fan dela un destino cheo de lugares interesantes. O número de museos, de salas de exposicións, de parques urbanos, de edificios notables e de lugares históricos ou emblemáticos é enorme, e son relativamente poucos os propios barceloneses que os coñecen todos.

Deste xeito, a Barcelona turística, de visita ineludible, é a que se extende arredor de A Rambla, e que coincide, en xeral, coa cidade romana e medieval. O Passeig de Gracia, a fachada marítima, a Sagrada Familia e o Park Güell son outros dos puntos de visita inexcusable nesta cidade. E incluso se o tempo dá para máis, é recomendable adentrarse no popular barrio de Gràcia, subir as costas de Montjuïc ou divisar a cidade desde a montaña do Tibidabo.

A Rambla é, quizáis, un dos paseos urbanos máis coñecidos de España e con moita probabilidade de Europa. Este paseo de pouco máis dun kilómetro exerce de eixo vertebrador do casco antigo e de conexión entre a cidade e a fachada marítima, ou entre o monumento a Colón e a plaça de Cataluña.

 

 

Á man esquerda das Ramblas atópase o espacio urbano coñecido como Barri Gòtic, cuxa ruta revive o pasado máis remoto da cidade desde a fundación da Barcino romana; o seu auxe na Idade Media e a súa consolidación como gran capital. O monumento máis destacable deste barrio sen dúbida é a bela catedral de Barcelona, erixida en honor a Santa Eulalia e rematada aínda a finais do século XIX. Preto dela atópase a Plaça de Sant Felip Neri, onde se levanta a igrexa barroca do mesmo nome. Na Idade Media atopábase nela o gremio dos zapateiros. Destaca tamén o Carrer del Bisbe, a principal vía da cidade romana ou o antigo cardo. Trátase da ponte que une o Palau de la Generalitat coa Casa dels Canonges (dos Canónigos), residencia oficial do Presidente de Cataluña e construída en 1926.

Pola súa banda, o passeig de Gracia segue o trazado do antigo camiño que conectaba a cidade de Barcelona coa villa de Gràcia, e conecta a plaça de Catalunya coa de Joan Carles I, na confluencia coa renombrada avinguda Diagonal. Nel atópase un dos edificios máis emblemáticos da Barcelona de Gaudí; trátase da casa Milà, máis coñecida como A Pedrera.

Noutra orde de cousas, e case no extremo da Dreta del Eixample eríxense dous importantes edificios da capital catalana, a Sagrada Familia e o hospital de Santa Creu i Sant Pau. Considerado o monumento máis visitado de España, o primeiro é o máximo exponente da arquitectura modernista catalana. Iniciouse en 1882 polo arquitecto Antonio Gaudí, e aínda está en construcción.

Polo que respecta á Barcelona máis moderna, ou á súa fachada marítima, foi a celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 os que lle deron pulo a unha das transformacións máis importantes da cidade. O mar e as praias abríronse ó barcelonés grazas á remodelación de espazos como o Moll de la Fusta, a Barceloneta, o Por Vell e as Praias do Poblenou. A día de hoxe as dependencias da Vila Olímpica e do Maremàgnum ofrecen un sinfín de posibilidades.

Outro espazo barcelonés que cómpre visitar é o Park Güell, un orixinal espazo que en orixe Gaudí proxectara coma unha zona residencial e que contén preciosos e emblemáticos elementos da inconfundible estética modernista. Nel, ademais de disfrutar duns fermosos xardíns, pódese contemplar o tratamento que o arquitecto fixo da figura do animal e da técnica do trencadís (cuberta das figuras escultóricas ou arquitectónicas con pezas de azulexería vermella).

Por último, aínda que non porque se acaben os elementos de interese senón tan só pretendendo dar unhas breves pinceladas do máis importante, referireime á montaña do Tibidabo, situada frente a Montjuïc. Seguramente é este o mellor punto xeográfico para contemplar Barcelona e o mar frente ó que se abre, xa que o mirador levántase ata os 400 metros de altura.

2 reflexións sobre “Barcelona, cidade de contrastes

  1. Adriana

    Gracias Ana! Cando levas pouco tempo para ver un sitio no que hai moitas cousas interesantes sempre recomendo coller o bus turístico, que che permite volver cunha visión xeralizada do lugar.

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>