Vivir en Londres: Aziziye Camii Mosque, Stoke Newington

Mesquita de Aziziye en Londres

Érase unha vez unha mesquita, un supermercado e un restaurante; todo nun único edificio. Este edificio é a mesquita Aziziye, que destaca no entorno no que se atopa: unha rúa dun “típico” barrio de Londres (se é que algún barrio en Londres se pode definir como “típico”).

Pois o barrio en cuestión é o de Hackney, e a rúa é do estilo que me gusta a min: das que sólo con percorrela vas aprendendo cousas e vas de choque cultural en choque cultural. Aquí mesturanse todo tipo de negocios e todo tipo de xente e cámbiase de ambiente con avanzar uns metros. Unha zona que atrae por igual a hipsters como a comunidades sudafricanas, turcas ou de xudíos ortodoxos.

Se a simple vista a Aziziye Camii Mosque non deixa de ser un bonito edificio, a curiosidade aumenta cando na súa entrada principal o que se ve é un supermercado. A min a curiosidade arrastroume ata ela despois de pasar varias veces en bus ou camiñando por diante pero sen tempo a pararme. Por fin me atrevín a curiosear e empezando polo supermercado, acabei dentro da sala de oracións.

O supermercado é do estilo de tendas de ultramarinos onde todo está apelotonado e onde podes atopar productos de todo tipo, cunha especialización en productos turcos e carne de cordeiro. O rapaz que me atendeu nesta tenda invitoume a visitar o restaurante e para eso chamou a un compañeiro seu que me acompañou e fixo de guía.

Panorámica do Aziziye Halal Restaurant

O restaurante Aziziye Halal, ten a entrada por un lateral da mesquita. De estética tradicional (ten varias zonas reservadas para comidas un pouco máis privadas e despois mesas á vista de todos), está especializado en comida turca e é o lugar de celebración das cerimonias que teñen lugar na mesquita. En Tripadvisor ten opinións de todo tipo, pero o meu guía-improvisado díxome que tiña boa reputación entre a comunidade turca da zona.

Os homes na planta baixa e as mulleres na planta alta

No mesmo lateral do restaurante está a entrada á mesquita. O rapaz que me fixo de guía invitoume a pasar, el non podía acompañarme porque hai unha zona para homes e unha zona para mulleres. Despois dunha pequena conversa onde lle expliquei que eu non era relixiosa e os meus medos a non saber comportarme, animoume a entrar dicindo que todo tipo de xente é ben recibida alí, sexa cal sexa a súa relixión ou cultura e que ninguén se ía ofender se facía algo incorrecto por descoñecemento.

Así que alí me abriu a porta do vestiario de mulleres e me deixou dentro á miña sorte, dicindo: just follow the signs that say “women”… Parecía obvio, así que descalceime, concentreime para non meter a pata e despois de subir unhas escaleiras non sei como fixen pero entrei directa á sala onde estaban todos os homes rezando (menuda puntería a miña). Como estaban de espaldas a min, creo que ninguén se percatou da miña presencia, así que pechei pronto a porta e seguín subindo escaleiras. Desta vez sí que cheguei á zona onde estaban as mulleres, na parte superior da sala onde estaban os homes.

Orando en Aziziye Mosque

É unha mesquita bastante moderna, con capacidade para unhas 2.000 personas. O pasado do edificio dí que antes foi un cine e que a mediados dos anos oitenta foi reconvertida en templo pola comunidade turca que habita a zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>