Facendo o Camiño de Santiago en… Autocaravana!

Cando Lucía me falara da posibilidade de participar durante unha xornada e media nun dos proxectos máis novidosos (polo menos no tocante ao da fusión de dous segmentos aparentemente excluíntes) que se estaban a preparar por terras galegas, nun primeiro momento dubidei que puidese adaptarme a este tipo de turismo, non só porque son moi, moi, moi… comodón, senón porque como son un tipo de óso ancho, as dimensións de partida poderían ser unha traba. Pero gracias a Yakart Autocaravanas, dende o minuto cero quitáronme todos os medos deixándonos a marabilla de casa con rodas que podedes ver na imaxe de arriba.

E cal era toda esa innovación? Pois xa moitos medios se fixeran eco por esas datas da organización da “I Ruta en Autocaranavas Camiño de Santiago“, da man de Yakart e coa colaboración da Asociación Galega de Autocaravanas, que conseguiron atraer nada máis e nada menos que 50 autocaravanas de todo o país, e parte do estranxeiro. Máis de 100 persoas percorrendo a ruta dende o 2 ao 11 de Agosto do 2013.

A nosa parte era a máis sinxela (ou todo o contrario): recoller unha estupenda autocaravana (que nunca antes conduciramos algo de tales dimensións) e arrancar cara a Santiago para recoller a máis bloggers e amigos. E unha vez todos subidos, dirixímonos ata Palas de Rei, onde logo de tantas emocións tomamos uns apertivos e comemos, para pouco máis tarde saír acompañando a un bus que trasladaba ao resto de autocaravanistas para facer dúas interesantísismas visitas culturais: o Castelo de Pambre e unha aldea fantástica na que visitamos as súas instalacións de agroturismo e a súa queixería: Arqueixal. Un auténtico descubrimento!

Logo volvemos a Palas de Rei a cear, e alí é onde puidemos comprobar o bo rolo entre todos os protagonistas da ruta, nótase que comparten unha emoción vital moi similar da que nós pronto nos sentimos contaxiados. E coma non somos moito de bailar, despedímonos e fomos de volta a Santiago a deixar aos nosos acompañantes. E continuamos o noso camiño… destino por decidir! ;)

Aquí, fora da ruta, disfrutamos da autocaravana dirección Costa da Morte, e pernoctamos nunha praia na que habitualmente hai máis autocaravanas, a de Broña, moi preto de Noia. Durmimos a perna solta, nunca tal imaxinei… quizáis porque durmir co son das ondas sempre axuda! ;) En fin, que non imos dar moitos máis detalles… pero volvemos pola costa e dende Corcubión partimos logo directamente á sede de Yakart na Coruña, en donde a mediodía demos por rematada esta interesantísima experiencia.

Conclusións? Principalmente unha: QUEREMOS REPETIR. Seguramente haxa moita xente que coma min, non se atreva inicialmente. Pero cun par de amigos e amigas máis, pode convertirse na experiencia das vosas vidas. So tendes que marcar un destino no mapa, subir a equipaxe e viandas (porque si, a caravana era literalmente unha casa con rodas) para que non precisemos máis que a nosa inquedanza por coñecer mundo…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>