Arquivos do autor: Vicky

Vicky

Acerca de Vicky

Productora audiovisual, cando me deixan, por devoción; galega no exilio, a maior parte do tempo, por obligación. Non sei se me gusta máis viaxar ou o momento de voltar a casa. En Twitter @VictoriaLourido

Malasaña, unha movida madrileña

Barrio Maravillas

Lémbrome de L.B.Jefferies cando me sento no meu balcón na noite madrileña. A diferenza do protagonista de “La ventana indiscreta” eu non teño unha perna rota, prismáticos ou presenciei ningún asasinato. Nin falta que fai. Ningunha das tres cousas. É a 1am. Unha rapaza pasa cantando “Hit the road Jack”, de Ray Charles. É asombroso (e fascinante) a de xente que canta pola rúa neste barrio. En alto! Un rapaz fúmase un cigarro mentres o seu chiguagua ameaza con ladrar á artista. Aquí non es ninguén sen un can. Unha muller de pelo rosa que acaricia os cincuenta colga a roupa nun tendal pregable. Parece estar feito a medida para o balcón. Malasaña non dorme. Seguir lendo

Praias de Cádiz. Top 5.

Que levante a man o que foi este verán a Cádiz. Si, imaxinábao, xa vin as fotos que a metade de vós colgastes nas rrss. Todos visitando as mesmas praias, paseando polos mesmos pobos, comendo a mesma comida (isto último sempre reservado para instagram, xa abonda!). Será acaso como cando estás embarazada e tes un radar para o resto de embarazadas? Dá igual, o caso é que, farta da calor madrileña e a choiva galega, eu tamén me fun a Cádiz buscando sol e praia nun mesmo sitio, e atopeino, por iso tráiovos a miña ranquin de praias gaditanas. Vexamos se estamos todos de acordo. Seguir lendo

Equipaxe de man é festivaleiro

Parece mentira pero este que vén xa é o segundo verán de Equipaxe de Man. Aínda que o incrible é que a calor estea ás portas de Galicia. Descubrirá que estas abren para dentro, confiade. E en todo este tempo intentamos revelarvos cantos descoñecidos para algúns; compartir as nosas vacacións; suxerirvos plans interesantes, relaxantes e de singulares paraxes, a poder ser, a partes iguais. Para os máis traballadores, co verán chegou o momento de poñer en práctica as nosas recomendacións e hai un plan que debedes incluír na vosa axenda: un festival. Tras o repaso do ano pasado, o equipo deste blog suxire os seus favoritos, porque Equipaxe de man é festivaleiro! Seguir lendo

Ao pan pan e ao viño o Pimpi

Así debería rezar o dito. “Ao pan pan e ao viño o Pimpi“. Polo menos en Málaga. Teño que comezar a rexistrar tan ocorrentes ideas! Pois se ás cousas hai que chamalas polo seu nome, sen rodeos, diremos que esta é a mellor adega da cidade. (E bar, restaurante, coctelería, marisquería… pero cada cousa explicarémola ao seu debido tempo). Seguir lendo