Arquivos do autor: Ubi

Ubi

Acerca de Ubi

Vaia lata traballar e non poder estar de viaxe eternamente... Poucas sensacións son comparables a mirar pola ventá dun tren en marcha no medio de ningures... http://instagram.com/ubaldoqpc

O skyline de NYC dende o Ferry de Staten Island

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island, unha das imaxes máis grabadas da viaxe a NYC

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island

Intentamos xuntar actividades para cubrir 10 cousas gratis en NYC. Pero non é doado… Moito máis que pasear polos fantásticos parques…. Pero si que hai unha visita, e das que máis me impresionaron, completamente de balde. É a viaxe no Ferry a Staten Island, xa un dos clásicos de toda guía decente.

Seguir lendo

Hey man – Amen: Unha misa gospel en Harlem

Misa Gospel na First Corinthian Baptist Church FCBC-Harlem-NY

Misa Gospel na First Corinthian Baptist Church FCBC-Harlem-NY

Menuda pasada. Se vivo en Harlem sería baptista seguro. Eu que son máis ateo que dios, con tantas apertas, biquiños, saúdos agarimosos, bailes… Seguro que non me podería conter e acodiría como un acólito máis cada domingo á Igrexa. Seguir lendo

De brunch por Brooklyn, o barrio hipster de New York

Bedford Ave-Brooklyn-New York

Bedford Ave, a arteria de Williamsburg, o barrio hipster de Brooklyn

Manhattan hai que velo e patealo ben. Aínda que só sexa para dicir aquelo de “mira, aí estiven eu”, cando vexas as centos de películas (tantos as auténticas de Woody Allen como as malas de #Antena3alastresymedia) que se rodaron no centro económico mundial. Pero New York City ten moito máis. E neste caso comezamos por Brooklyn (BR), o barrio que se está comendo o máis cool de la city. Seguir lendo

O branco Castelo de Castro Caldelas

Castro Caldelas dende o Castelo

A branca Castro Caldelas aos pés do Castelo

Visita rápida a nosa por Castro Caldelas, pero perfectamente válida. Subindo da Ribeira Sacra, atravesando o río Sil e adentrádonos na provincia de Ourense, tras unha agradable cata e de comer no bar de Chacín, subimos buscando a neve en Castro Caldelas. Dende a outra beira do río xa se albiscaba o branco, e subimos ata o castelo a ver as vistas.

Seguir lendo

Polonia – Rumanía (XII): Sighișoara ou a Rumanía máis medieval

O casco vello de Sighisoara e Patrimonio da Humanidade

O casco vello de Sighisoara é Patrimonio da Humanidade

Despois de pasar por Agnita, chegamos a Sighișoara, unha das vilas con máis encanto de toda Rumanía e un dos nosos obxectivos dende o comezo da viaxe, 2000 km atrás. Bañada polo río Târnava, na provincia de Mureș, Sighișoara ten un fermoso casco histórico catalogado Patrimonio da Humanidade en 1999 o que a convirte, con 850 anos de antigüidade, nunha das perlas da famosa Transilvania.

Seguir lendo

Polonia – Rumanía (XI): Os Montes Fagaras, os Alpes de Transilvania

Fermosas estampas dos Montes Fagaras Alpes de Transilvania-Carpatos- Rumania

Fermosas estampas dos Montes Fagaras, os Alpes de Transilvania, parte dos Cárpatos rumanos

Seguimos percorrendo o centro de Rumanía coas nosas bicis e algún que outro tren. Tócanos coñecer máis verde, pero antes imos ver un par de cidades ben agradecidas. Sibiu, capital Europea da Cultura naquel 2007, recibiunos cos brazos abertos. pero nós escoitaramos falar dunhas grandes montañas un pouco máis abaixo, nos Montes Fagaras, coñecidos como os Alpes de Transilvania, pertencentes ao sector meridional dos Cárpatos, unha cadea montañosa que parece que nos acompaña dende Polonia.

Seguir lendo