Arquivos do autor: Tania

Acerca de Tania

Namorada da miña terra, das súas lendas, mitos... pero sen que eso signifique que non me guste saír dela... Apaixoada por coñecer novos sitios e culturas, aínda que polo momento non tiven a oportunidade de viaxar moito, nun futuro non moi afastado espero facelo. Tamén podes seguirme en Twitter @Ticiana84

Razóns para vir a Costa da Morte en Semana Santa

En Galicia celébranse centos de festas e procesións durante a Semana Santa, e na Costa da Morte tamén podes gozar dalgunhas destas celebracións. Tamén pode ser que non busques a relixiosidade na túa viaxe, senón que queres aproveitar e coñecer a zona, gozar dunha festa gastronómica, ver o traballo dos artesáns… Se decides vir a Costa da Morte en Semana Santa ademais da paisaxe e a natureza que xa é un motivo por si só, hai varios festexos.

Seguir lendo

Ponte de Brandomil, monumento medieval

Ponte de Brandomil

A Ponte de Brandomil está situada sobre o río Xallas, á saída do pobo que lle dá nome, no concello de Zas. É un monumento medieval, con orixes romanas, construído no primeiro século da nosa época.

Está formado por catro arcos de medio punto, un deles de menor tamaño que os restantes tres, de diámetro parecido. Nas inmediacións aprécianse restos da antiga calzada romana. Destaca a beleza da obra e o bo estado en que se atopa.

Seguir lendo

O faro máis novo da Costa da Morte en Punta Nariga

Faro de Punta Nariga

O faro de Punta Nariga está situado en Barizo, no concello de Malpica de Bergantiños.

É o faro de construción máis moderna de toda a costa, entrou en funcionamento no ano 1998. É unha construción do arquitecto César Portela. Ten unha altura duns 50 metros e a súa lanterna alcanza 20 millas.

Simula un barco de pedra que reta ao mar. Esta forma de barco está ben lograda grazas á súa composición con tres partes ben diferenciadas. A súa base, triangular, reproduce a proa que encara ao mar e parece que vai romper as ondas dun momento a outro.

Seguir lendo

Laxe, un vello porto pesqueiro

Laxe desde Santa Rosa de Lima

A orixe do topónimo do nome da capital do concello deriva da raíz precéltica lab-, e cuxo significado actual é, en galego, “pedra plana” ou “laxa”. Laxe foi antigo porto pesqueiro e lugar de comerciantes. O mar deulle o seu carácter mariñeiro, manifestado no trazado das rúas, descendendo sinuosas ata o porto. No centro da vila destacan algúns edificios que dan testemuño da fidalguía destas terras, como é a Casa do Arco, do século XV.

Seguir lendo