Arquivos do autor: Natalia

Natalia

Acerca de Natalia

Xornalista de profesión, viaxo sempre que podo aínda que menos do que me gustaría. Non importa o entorno nin se está preto ou lonxe ou se é máis popular ou menos coñecido porque cada lugar que visito pasa a ser inesquecible e aumenta aínda máis as gañas de descubrir novos sitios!! En Twitter @nataliadimo

Cousas que non faltan na miña maleta

Maleta Natalia

Co paso dos anos e das viaxes a maneira de facer a maleta vai mudando. Dos primeiros “por se acaso” nos que metíamos cousas que non empregábamos nin unha soa vez en toda a viaxe (“Para que viría eu cargando con todo isto?”, pensabamos) pasamos a optimizar cada vez máis espazo e recursos para non ir cargados e poder movernos non facilidade. Entre os básicos que non poden faltar na miña maleta están os seguintes: Seguir lendo

A pegada romana de Tarraco

O Pont del Diable

Pont del Diable ou acueduto de Ferreres está situado a uns catro quilómetros de Tarragona

A antiga Tarraco foi o primeiro e máis antigo asentamento romano na Península Ibérica e capital da provincia Hispania Citerior. De gran importancia para o Imperio romano, serviu de modelo a outras capitais de provincia e ao desenrolo de plans urbanísticos romanos. Propóñovos unha ruta polo amplo legado romano da cidade e o seu entorno, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000.

Seguir lendo

De ruta por Marce co Comando G

Solo e Arwen mirando o Miño

Solo e Arwen contemplando o Miño ao seu paso por Marce

Combinar turismo con mascotas non é tan fácil lonxe do que poida parecer. Cavilando nunha ruta para donos e peludos pensamos en Paula e o seu Comando G e tiven a seguridade que ninguén mellor ca ela para propoñernos unha ruta na que cans e humanos o pasaran en grande. O Comando G está integrado por Paula G -a única humana do grupo-, Solo, Garimba, Leia, G, Arwen e nas últimas semanas Paloma. No seu blog Perrunadas contan as rutas que fan, ideais para cans e humanos, polo momento por Galicia, Asturias e Castela e León, pero a intención é conquistar o mundo :)  Dende Equipaxe de Man propuxémoslle a Paula G que nos falara dunha das rutas que máis lle gustara a ela e as súas cadelas, conscientes da dificultade de elexir só unha, e non nos puido gustar máis a súa elección! A continuación podedes ler o que nos contou…

Seguir lendo

Sweet Place Coruña, un paraíso para larpeiros

Interior local

Interior de Sweet Place Coruña

Os amantes dos doces tedes un sitio ben cuquiño na Coruña onde almorzar e merendar ricos doces de produción propia, acompañados de deliciosas bebidas, que farán as delicias dos máis lambóns.

O nome do establecemento, Sweet Place, xa nos dá unha pista do que imos atopar na súa vitrina: cupcakes, brownies e tortas son algúns dos doces que probaredes e quereredes repetir! E poderedes acompañalos con cafés, infusións, smoothies e milkshakes.

Seguir lendo

Durmir entre árbores en Outes

Outes

As Cabanas do Barranco atópanse no concello coruñés de Outes. Imaxes extraídas da web Cabanas do Barranco

Ben de seguro que algún de vós soñastes de pequenos con ter a mítica casiña da árbore que coñeciades por debuxos ou películas. Se vos quedou esa espiña cravada non fai falta marchar moi lonxe para poder durmir nunha cabana no bosque. Aí ao ladiño, en Outes, dispoñedes de oito cabanas de madeira levantadas entre as ramas das árbores: as Cabanas do Barranco.

Seguir lendo