Arquivos do autor: Mar

Mar

Acerca de Mar

Crieime co verde nos pés e agora lévoo sempre no corazón. Viaxar é a miña maneira de aprender, de desconectar e reconectar; viaxar é a miña maneira de seguir.

Budiño de Serraseca: un sitio para agocharse en Semana Santa

Budiño de SerrasecaAcendo o coche, destino ao repouso. Un quilómetro, outro, e outro despois; van marchando á velocidade dos meus pensamentos. E así, rápido, na volta dunha man, un camiño estreito, valados de pedra, unha pista de terra e, de repente… unha casa de pedra moi preto do río Broi, encaixada nun val cheo de verdes, de humidade, de segredos, de paz, de fin do mundo preto de todo. E tan preto! Budiño de Serraseca é unha casa de turismo rural en Viladesuso, no concello de Oia, entre Baiona e A Guarda, a tiro de pedra de Vigo e do país veciño.

Seguir lendo

Cinco webs imprescindibles se es furgoadicto

FurgoUltimamente cambiei os brandos colchóns de hotel pola suave rixidez dos de plástico; as ceas en salóns pechados polas á luz da lúa co canto dos grilos ou o son do mar. Si, ultimamente viaxo en furgo; acabo de convertirme en furgoadicta principiante.

Como tal, precisei dunha fonda investigación pola rede xa que había moitas preguntas sen resposta, moitas cousas que averiguar. Comecei a tirar do fío e aquí están: as miñas webs imprescindibles para esta nova viaxe.

A casa de catro rodas tamén te atrapou a ti? Benvid@! Seguir lendo

Fin de semana | Un chocolate no Pop Art

ExpresandoteEnElPopArtA fin de semana está á volta da esquina. Tedes plans que inclúan Ourense? Se é así, e se precisades repór forzas a media mañá, tomarvos un chocolate pola tarde ou a primeira copa da noite, Expresándote en el Pop Art é unha xenial opción. Seguir lendo