Arquivos do autor: Lorena

Lorena

Acerca de Lorena

Encántame estar na casa... e tamén me encanta saír de viaxe pero a partir do oitavo día comezo a sentir esa morriña que os galegos tanto coñecemos e a adoecer coas ganas de comer o caldo e a tortilla que fai miña nai. @LorenaMCanosa

De turisteo pola Costa da Morte: 10 cousas para facer gratis

O dolme de Dombate conta cunha estructura que o protexe das inclemencias do tempo

O dolme de Dombate conta cunha estructura que o protexe das inclemencias do tempo

Cada vez que penso na gran cantidade de lugares que temos para visitar na Costa da Morte percátome da riqueza que temos. Aínda que non o creades, resultoume “difícil” facer unha lista de dez cousas para facer gratis na Costa da Morte porque sinto que deixo centos delas sen mencionar. Pero había que facelo… e aquí vai a miña particular selección. Seguir lendo

Tapeando por Madrid no Almendro 13

Esta taberna madrileña atópase no número 13 da rúa Almendro

Esta taberna madrileña atópase no número 13 da rúa Almendro. Imaxe: páxina de Facebook de “Almendro 13″

Converteuse xa nunha parada obrigada para min cada vez que visito Madrid. É un deses lugares nos que xa sabes de antemán o que vas a tapear e que nunca te frauda aínda que sexa difícil conseguir mesa, sobre todo se é fin de semana.

Seguir lendo

SienteGalicia, o proxecto turístico de tres galegas

Sientegalicia é unha axencia de turismo liderada por tres galegas

Sientegalicia é unha axencia de turismo online liderada por tres galegas

Dende fai un século, todos os 8 de marzo celébrase a nivel internacional o día da muller traballadora. E como non podía ser doutra forma, en Equipaxe de Man queremos conmemorar este día facendo referencia a tres mulleres galegas que dende fai uns anos levaron a cabo (e con éxito) o seu proxecto turístico: SienteGalicia

Seguir lendo

Pompei, a cidade enterrada polo Vesubio

pompeia

Benvidos a Pompeia, iniciamos a ruta por este xacemento arqueolóxico

Erguido sobre Nápoles imponse o Vesubio; o único volcán activo a día de hoxe e que ten nin máis nin menos de 1.281 metros de altitude. Un 24 de agosto do ano 79 unha violenta erupción sepultou unha gran cidade: Pompeia (ou Pompei para os italianos) deixándoa completamente tinguida dunha cor grisácea. Hoxe este é un espazo de visita obrigada para miles e miles de turistas. Viaxamos ata ela.

Seguir lendo